Axudas actividades de formación en linguas estranxeiras

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Visita ao aeródromo de Rozas

O pasado xoves 13 de febreiro un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO realizou unha visita ao aeródromo de Rozas (Castro de Rei - Lugo), actividade pertencente ao programa denominado "Enxeñando Futuro", financiado pola Consellería de Educación e coordinado polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro. Durante esta interesante xornada o alumnado participante puido aprender cales foron as orixes e o desenvolvemento da enxeñería aeronáutica ata actualidade, centrándose na segunda parte da mañá no coñecemento sobre a tecnoloxía actual dos vehículos non tripulados, sobre os cales o aeródromo de Rozas é un centro sobranceiro a nivel estatal. Tamén puideron visitar a espectacular torre de control de dito aeródromo e os hangares de montaxe e certificación de vehículos aéreos non tripulados, ademais de asistir ao despegue e aterraxe dun dos vehículos aéreos cos que o centro está a traballar na actualidade.

Dende aquí o noso agradecemento ao persoal do aeródromo por ternos ofrecido tan boa acollida ademais de facernos disfrutar dunha xornada tan interesante e motivadora.

El Mehdi El Nabaoui: campión de España de campo a través sub-20

De novo temos que facer chegar os nosos parabéns a El Mehdi El Nabaoui. O pasado domingo proclamouse campión de España de campo a través sub-20.

Novas na prensa:

Vídeo da proba completa retransmitida por Teledeporte de RTVE.

CampeonCross.jpg

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado 19 de febreiro os alumnos de 1o Bacharelato e 4o ESO da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, a biblioteca, Salón dos pasos perdidos e os patios interiores. Finalmente os alumnos protagonizaron un breve debate parlamentario no Hemiciclo.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Norma Pillado.

Parlamento_2020_0.jpg

Visita a CONGALSA

O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

  1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
  2. Charla - coloquio
  3. Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
  4. A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
  5. Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.

A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

IMG_20200217_130230.jpg

Que sabes da historia do colectivo LGTB+? Concurso na MeGaBiblio.

O pasado venres 14 de febreiro comenzou o concurso "Que sabes da historia do colectivo LGTB+?", que remata o 24 de febreiro. Se queres participar terás que responder a un cuestionario dispoñible na MeGabiblioteca. Haberá premios!

cartel concurso lgtbi.png

Hora de ler, mércores 19 a 3ª hora

O vindeiro mércores 19 a 3ª hora, 10:45 h., temos Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

Campaña de vacinación contra o meningococo ACWY

O vindeiro martes 18 de febreiro o Sergas virá ao centro para vacinar ao alumnado autorizado no marco da campaña de vacinación contra o meningococo ACWY. Trátase de alumnado nacido nos anos 2001, 2002 e 2003 (3ºA/B, 4º A/B/C e todo Bacharelato). Será en horario de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente.

Odisea 2020 MGB

Hoxe mércores, no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cultura Clásica Odisea. Na edición 2020 do concurso Odisea os resultados dentro do MGB foron os seguintes:

  • 1º premio > RÓMULO E REMO: DIÉGUEZ REBOLO, PABLO; REY LLOBET, JOSÉ (2BAC)
  • 2º premio > MENECMAS: CALVIÑO SILVA, SONIA; SANMARTÍN FIGUEIRA, NÚRIA; REY GAÑETE, LUCÍA (2BAC)
  • 3º premio > KOINÉ: CARRACEDO FLORES, AINOA; MELLA MOSTEIRO, UXÍA (2BAC)
  • Premio especial do xurado > ERYX WARRIORS: VIVEL COUSO, YANIRA; MÍGUEZ VIDAL, DANIEL (3ESO)
odisea mgb 2020.jpg

Equipos de alumnado axudante á convivencia

Neste trimestre comerará un proxecto de convivencia positiva en 1º e 2ºESO onde se busca dar máis protagonismo ao alumnado na mellora da convivencia no centro. 

Consiste na formación dun “Equipo de alumnado axudante á convivencia” por aula.

Cada equipo, formado por 3 ou 4 persoas, axudará a que a relación entre o alumnado sexa máis positiva. Para poder desempeñar esta función formaráselles en temas como a escoita activa, a importancia das emocións na comunicación, a empatía, o valor da confidencialidade...

Os membros do equipo teñen que cumprir dúas condicións, primeiro ser escollido na aula polos seus propios compañeiros e compañeiras e pola titora de convivencia do seu nivel e segundo, acceder voluntariamente. Unha vez seleccionados terase unha reunión coas familias do “Alumnado axudante á convivencia” onde se dará máis información.

Esperamos que este proxecto teña continuidade nos próximos cursos, podendo formar parte deste equipo o maior número de alumnado posible.

Calquera dúbida contactar co seminario de Convivencia e Inclusión do IES MGB

Campionatos de Brilé

Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.

Nesta ligazón podedes consultar os equipos e a orde dos partidos.

Vídeo contra a violencia de xénero

Vídeo aportado polos departamentos de Música e Plástica en solidariedade con todas as víctimas deste tipo de violencia.
As voces pertencen ao alumnado de Música de 4º e 1º, respectivamente.

Campaña de vacinación fronte ao meningococo para os nados en 2001, 2002 e 2003

O Sergas vén de pedir a colaboración do centro na súa campaña fronte ao meningococo para o alumnado nado nos anos 2001, 2002 e 2003. Non vindeiros días, os seus fillos e fillas levarán a casa unha circular informativa e un modelo de autorización. Temos ata o 6 de febreiro para recoller as autorizacións, e xa ao longo do mes de febreiro, especialistas do Sergas acudirán ao noso centro para proceder á vacinación do alumnado autorizado.

Información da vacina.

Autorización.

Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.

O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.

Charla de Manel Loureiro no teatro principal

Mañá vernes 24 de xaneiro, Manel Loureiro, escritor de best sellers de terror, dará unha charla no teatro Principal da Estrada ás 21:00 horas, organizada polo festival de cine de terror da Estrada (PANIC). Haberá sinatura de exemplares.

Se queres acudir apúntate na MeGaBiblio!

MANEL-LOUREIRO-CHARLA.jpg
Distribuir contido