Hora de ler, martes 28 a 8ª hora

O vindeiro martes 28 de xaneiro a 8ª hora, 17:20 h., temos Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

Reunión programa REFÓRZA-T

O vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2020, ás 18:15h, terá lugar unha reunión informativa sobre o inicio do Programa REFÓRZA-T no IES Manuel García Barros.

Á reunión están convocadas as familias do alumnado seleccionado para participar nesta iniciativa, como indica a nota informativa que se lle entregou aos rapaces e rapazas.

Éxito do MGB na IX San Silvestre Estradense

O pasado 31 de decembro o alumnado matriculado na materia de libre configuración de 2º de Bacharelato "Actividades Físicas Recreativas", acompañado polo profesorado responsable do Proxecto Deportivo de centro, familiares e alumnado doutros cursos do IES MGB, participou na IX San Silvestre Estradense, unha carreira solidaria e lúdica. 

Co lema  "+EF  no MGB", un total de 58 participantes acadaron o "trofeo ao grupo máis numeroso que participaba co mismo disfrace". Parabens aos participantes pola súa implicación e interese na promoción da necesidade de aumentar as horas lectivas de Educación Física  na etapa de Educación Secundaria.

sansilvestre.jpg

I Mostra educativa e profesional do Concello de A Estrada

Os días 13, 14 e 15 de xaneiro terá lugar a I Mostra educativa e profesional do Concello de A Estrada, organizada polos centros de ensino secundario no pavillón principal do recinto feiral.

A visita aos stands será aberta e gratuita, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) aos alumnos dos centros educativos de secundaria da Estrada. Ligazón ao Programa.

Nesta Mostra participarán as tres universidades galegas, así como a Universidade de Navarra, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e o Centro Superior de Hostelería de Galicia, entre outros.

Nova na prensa:

mostra_portada.jpg

Inicio do programa Refórza-T

O noso centro foi seleccionado para o programa da Consellería Refórza-T, para alumnado de 1º e 2º da ESO. Estamos á espera de que sexa nomeado o profesor ou profesora encargado, e so entón faremos unha reunión coas familias antes de iniciar as clases.

Viaxe á Madrid co alumnado de artes

Os días 18 e 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez, realizaron unha viaxe a Madrid na que puideron visitar:  museo Thyssen (coa exposición temporal "Los impresionistas y la Fotografía"): museo Reina Sofía; o museo Sorolla e o museo do Prado no que fixeron unha visita guiada centrada en Goya.

Madird2019.jpeg

Xubilación de Leonardo, María José e Pilar

A comunidade do IES MGB quere rendir un homenaxe moi especial a Pilar, María José e Leonardo pola súa xubilación. Un pracer e sorte nesta nova etapa.

Xubilacions2019.jpeg

"Arqueoloxía en Exipto"

Hoxe o alumnado de 1º da ESO asistíu á charla "Arqueloxía en Exipto" a cargo de Manuel Abelleira, antigo alumno do centro, que actualmente é arqueólogo en Exipto onde realiza campañas cun equipo alemán.

FotoExipto.jpeg

Recomendacións de lectura para o Nadal 2019

Como en anos anteriores, os IES da Estrada veñen de elaborar unhas recomendacións de lecturas (narrativa e cómic) para estas vacacións de Nadal. Podes botarlles unha ollada e descargalas en arquivo *.pdf picando nesta ligazón.

Lembra que podes levar libros en vacacións!

Captura de pantalla 2019-12-18 17.24.02.png

"Elisa e Marcela" no MGB

O próximo luns, 16 de decembro, ás 12:30h en Usos Múltiples para o alumnado de 2º de Bacharelato se representará a obra de teatro "Elisa e Marcela" da compañía "A Panadaría"

Elisa_Marcela.jpeg

+Educación Física no MGB

Este 31 de decembro ás 17 horas celebrarase a carreira “IX Milla San Silvestre”, unha competición solidaria na que, a cambio dos dorsais, deberase entregrar un quilo de comida non perecedeira, destinada a Cáritas Parroquial (Operación quilo De Nadal).

Dende o grupo de alumn@s de Actividades Físicas e Recreativas de 2ºBACH, do IES Manuel García Barros, animámosvos a apuntarvos, e así conseguir o trofeo ao grupo máis numeroso co mesmo disfrace.

Poderedes inscribirvos até o 29 de decembro ás 23:59h na web Emesports.

Para máis información sobre a temática do disfrace, tedes que poñervos en contacto co alumnado de 2ºBACH (Actividades Físicas Recreativas) ou cas profesoras do Departamento e Educación Física.

image0.jpeg

Mantrailing. Mis perros, mis maestros. Método Carbajal.

O profesor Miguel Carbajal presentou o seu libro "Mantrailing. Mis perros, mis maestros. Método Carbajal", con revisión lingüística da profesora Sonia Iglesias.

Nova na prensa:

Mockup_mantrailing_01.png

Medalla para Clara Lamiño e Manuel Míguez en Navarra

Noraboa a Clara Lamiño e Manuel Míguez polo segundo posto acadado na competición de dobre no Master de Estella.

Nova no Faro de Vigo.

medallas-estradenses.jpg

Programa Cores

O alumnado de 4ª ESO de Economía e IAEE participou o día 22 de novembro no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Linguaxe publicitaria e Consumo responsable.

A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e os alumnos estiveron acompañados polas profesoras, María Vilasó e Raquel Carballo.

IMG_20191122_111419_1.jpg

Visita ao Vigo Romano dos alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica

Hoxe, mércores 27 de novembro, os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica, visitaron o museo do Mar de Vigo (onde participaron nun obradoiro de "Lucernae" (lámpadas de aceite romanas), e a Villa romana de Toralla.

Distribuir contido