O alumnado de Ciencias Naturais de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 15:50O pasado 24 de maio o alumnado de 1º ESO de Ciencias Naturais, acompañados pola súa profesora Dolores Castro, desenvolveu parte do traballo de aula no Museo de Historia Natural da USC.
Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente nas actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 11:18No enlace pódese consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
O noso apoio ao movemento FridaysForFuture na prensa
Enviado por admin o 8 Xuño, 2019 - 16:06Onte, a iniciativa do alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato, realizamos no centro un acto simbólico de apoio ao movemento FridaysForFuture que recolle a prensa de hoxe.
A compañeira Teresa Iglesias Yugat gaña o Premio relato Curto convocado pola FANPA
Enviado por admin o 4 Xuño, 2019 - 09:54Co relato "Horizante con neboeiro", unha reflexión sobre o rural vaciado, Teresa Iglesias vén de gañar o 1º Premio Relato Curto categoría adultos convocado pola FANPA. Parabéns.
Vídeos do acto de graduación curso 2018-2019
Enviado por admin o 31 Maio, 2019 - 13:15O pasado martes 28 de maio tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato organizado por eles mesmos. No enlace, podedes ver os vídeos proxectados no teatro. Parabéns.
Calendario de exames da avaliación extraordinaria de 2º de bacharelato e dos pendentes de 1º
Enviado por admin o 30 Maio, 2019 - 08:34Xefatura de estudos vén de publicar o calendario de exames correspondentes á avaliación ectraordinaria de 2º de bacharelato e das materias pendentes de 1º. Lembrade que os exames de setembro agora son en xuño para 2º.
Charla organizada pola ANPA: "Acoso escolar... Falámolo?" Martes 28 ás 20 horas no MGB.
Enviado por admin o 27 Maio, 2019 - 19:48Mañá martes 28, ás 20 horas, na sala de usos múltiples do centro, Fesanpas e a ANPA organizan unha charla sobre o acoso escolar a cargo do profesor da USC Carlos Vila Lago. Contamos con vós.
Devolución de libros prestados da Biblioteca. Préstamos de verán.
Enviado por BiblioMGB o 27 Maio, 2019 - 08:47Como todos os anos, precisamos que todos os libros estean devoltos entre o 27 de maio e o 3 de xuño. Nestas semanas revisaremos todos os fondos para que os libros (tamén películas, cedés, cómics...) poidan marchar de vacacións con todos vós, polo que non se poderán facer préstamos ata 15 de xuño.
Proxección de traballos de aula na MeGaBiblio
Enviado por BiblioMGB o 27 Maio, 2019 - 08:44Este venres 31, no 2º recreo, disfrutaremos das recomendacións de lectura dos alumnos de Sonia Iglesias.
O vindeiro mércores 5 de xuño, no 2º recreo, proxectaranse os traballos de Literatura Universal baixo a coordinación de Soraya Suárez.
Campionato de "Fraguas" e proxección de traballos na MeGaBiblio!
Enviado por BiblioMGB o 22 Maio, 2019 - 18:39- Mañá, xoves 23 de maio no 1º recreo, final do campionato de Fraguas. Aínda estás a tempo de gañar. Ao final do recreo entregaránse os tres premios.
- Tamén o xoves 23, no 2º recreo proxectaremos os traballos realizados polos alumnos dirixidos por Sonia Iglesias.
- O venres 24 veremos os vídeos feitos polo alumnado de Literatura Universal baixo a coordinación de Soraya Suárez.
A próxima semana teremos outro pase tamén xoves e venres. Aínda que haxa sol, podes entrar a disfrutar das propostas dos compañeiros.
"Campionato Fraguas", do luns 20 ao mércores 22 nos 2º recreos
Enviado por BiblioMGB o 20 Maio, 2019 - 07:46Seguimos coas actividades do Día das Letras Galegas!!! Apúntate no primeiro recreo do luns ou proba a ver se es un dos 6 primeiros en achegarte a xogar. Temos un taboleiro, 6 fichas, unhas preguntiñas e uns premios do teu gusto.
Haberá tres premios (1º, 2º e 3º ). Anímate!!!
Letras galegas 2019: Antonio Fraguas no MUPEGA e agradecemento ao noso centro
Enviado por admin o 17 Maio, 2019 - 13:28O Museo Pedagóxico de Galicia festexa o día das Letras Galegas homenaxeando a Antonio Fraguas cun roteiro polo museo a través dunha serie de pezas prodecentes dos centros educativos nos que estudiou ou traballou como profesor.
Dende o seu Facebook agradece ao Instituto Manuel García Barros da Estrada a cesión de varias pezas para esta ocasión.
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 16 Maio, 2019 - 12:26Durante as dúas próximas semanas, do 20 ao 31 de maio, se repartirár froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Premios extrardinarios de Bacharelato do curso 2018/19
Enviado por Secret. o 15 Maio, 2019 - 12:18O alumnado que teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir as probas para acadar un dos 20 premios extraodinarios de bacharelato convocados pola Consellería de Educación e cunha dotación de 1000 Euros cada un.
O prazo para matricularse nestes premios finalizará o 28 de maio de 2019.
A matrícula (non se pode facer no centro) farase preferentemente de forma electrónica ou en papel nun rexistro público oficial.
O enlace que figura ao final desta nova da acceso a publicación no DOG da convocatoria.
ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato
Enviado por admin o 14 Maio, 2019 - 09:14O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »