Novembro, mes da ciencia en galego na MeGaBiblio

Neste mes de novembro, o mes da ciencia en galego, temos na MeGaBiblioteca, entre outras actividades, unha exposición de maquetas de células realizadas polos alumnos de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía, baixo a dirección da profesora Loli Castro.

IMG_6675.JPG

Programa Depoemprende na ESO

O martes 19 de Novembro os alumnos de 4º ESO C, participantes no programa Depoemprende na ESO acudiron ao Pazo da Deputación de Pontevedra para o acto de presentación e recollida do NIF da súa cooperativa escolar “ECOAE”. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido dende o principio de curso: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.

Estiveron acompañados pola profesora de IAEE, Raquel Carballo.

Nova en La Voz de Galicia.

DEPOEMPRENDE_20191119_120438.jpg

Mehdi Nabaoui obtivo o 3º posto no Cross de Atapuerca

Parabéns polo seu novo éxito.

Nova no Faro de Vigo.

nabaoui-estrena.jpg

Belén Troitiño Dono seleccionada como alumna activa da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia

Parabéns a Belén Troitiño Dono que fai uns días ven de acadar unha praza, como clarinetista, de alumna activa da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.

Nos próximos anos tocará o clarinete na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e recibirá formación dos profesionais que forman parte da Orquestra Sinfónica de Galicia.

caf6d36b-95a8-4d7d-b5df-8f13df5cd539.jpeg

Visita á Biblioteca América da USC

Durante a mañá do mércores 30 de outubro, e tal como fixemos o curso pasado, os alumnos de latín de 2º de Bacharelato do MGB visitaron a Biblioteca América da USC, sita no Pazo de Fonseca de Santiago.

Este ano, ademais de poder ver e tocar a edición fácsimil do orixinal de 1055 do Libro de Horas de Fernando I, tivemos a oportunidade de ter diante dos nosos ollos edicións antigas (séculos XVI e XVII) de clásicos da literatura latina, como Plauto, Terencio, Cicerón ou Ovidio.

8E43AB2B-659D-4948-89A9-D5C693B40399_1_105_c.jpeg

Triunfo de Mehdi El Nabaoui

Mehdi El Nabaoui vén de gañar por cuarto ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

elnabaoui.jpg

Xoves 24 de outubro, "Día da Biblioteca escolar"

Mañá xoves 24 de outubro, na MeGaBiblio celebraremos o Día da Biblioteca escolar. No 1º recreo terá lugar a entrega de Diplomas aos axudantes de cursos pasados e no 2º teremos propostas de todos os sabores.

Captura de pantalla 2019-10-25 a las 11.34.45.png

Días non lectivos no MGB

Os días non lectivos autorizados polas autoridades educativas para o presente curso son o 4 de novembro e o 20 de marzo. Polo que estes días non haberá clases no noso instituto.

Excursión do alumnado de 1º da ESO á contorna das Fragas do Eume

Por segundo ano consecutivo o alumnado de 1°ESO vén de disfrutar 3 días no entorno das Fragas do Eume. Sendeirismo, tiro con arco, escalada, xogos de orientación, recoñecemento de árbores e moitas outras experiencias que quedarán no recordo de todos os que alí convivimos. Agradecemos a acollida do albergue Alvarella, foi un pracer poder disfrutar das súas instalacións biosostibles e do bo trato das monitoras e cociñeiras.

Alvarellas_0.jpg

Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.

Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.

exposicion_medindo_o_universo.png

"Elisa e Marcela" hoxe no teatro Principal

Hoxe venres 4 de outubro, ás 21:00 horas, terá lugar no teatro Principal da Estrada a representación da obra Elisa e Marcela, a cargo do grupo teatral  A Panadaría.

Aquí podes ler unha crítica moi positiva sobre este espectáculo, relacionado co eixo temático deste curso na MeGaBiblio, o LGTB+.

1b8a086e-7f42-4cf1-86bd-565054db4d14.JPG

A MeGaBiblio abre as súas portas!

Hoxe martes 1 de outubro comeza o percorrido do club de lectura NA Estrada-525 cos grupos de Corredoiras (1º ciclo de ESO) e Autoestradas (de 3º de ESO en diante). Hoxe xantaremos xuntos na biblioteca e comentaremos as propostas de lecturas para o curso.

Dende onte, luns 30 de setembro, as portas da biblioteca están abertas: xa podes levar materiais en préstamo (lembra que antes deberás ter o carné inmaculado). En breve repartiremos os carnés aos novos membros da comunidade educativa. Pronto empezaremos as actividades...

Tés ata o xoves 3 de outubro para apuntarte como axudante da MeGaBiblioteca e/ou no club de lectura. Lembra que para cada unha destas actividades precisas unha autorización do teu titor/a legal.

unnamed (1).png

Reparto libros 2º Bacharelato

O vindeiro martes, 1 de outubro, durante o 1º e o 2º recreo, na Bibliioteca, a ANPA fará entrega dos libros de 2º de Bacharelato.

No 2º recreo, ao finalizar o reparto, terá lugar o sorteo dos exemplares doados.

Reunión de inicio de curso coas familias o vindeiro martes 1 de outubro

O vindeiro martes 1 de outubro teremos a presentación familias, titores e equipo directivo na sala de Usos Múltiples do centro no horario que figura na circular que vos entregarán os vosos fillos e fillas entre hoxe e mañá, e que podedes consultar no enlace.

CIRCULAR

Préstamo libros de bacharelato curso 2019-2020

O reparto de libros de Bacharelato, do Fondo de Libros xestionado pola ANPA, terá lugar na Biblioteca nas datas que se indican a continuación:

  • Luns 16, en horario de 11:00h a 14:00h
  • Martes 17, durante os recreos (10:25h a 10:45h e 12:25h a 12:45h)
Distribuir contido