Traballos de lingua castelá no 2º recreo na MeGaBiblio

Hoxe venres 10, no segundo recreo, haberá unha proxección na MeGaBiBlio de traballos realizados nas aulas de Lingua Castelá baixo a dirección de Sonia Iglesias.

Clube de lectura, xantar o martes 7 de maio

Mañá martes 7 de maio, os membros do clube de lectura xantaremos xuntos para charlar sobre estes libros:

  • Grupo Autoestradas: Cabalos e lobos
  • Grupo Corredoiras: Escarlatina a cociñeira defunta.
descarga (1).jpeg

Os ex-alumnos Ana Carbón e Miguel Sanluis acadan sendas medallas de prata no España Sub-19 de Bádminton

Parabéns no nome de toda a comunidade educativa.

Faro de Vigo.

Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"

Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.

IMG_20190430_143053_024.jpg

Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!

O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.

Parabéns e bravo por eles!!

Notas de prensa:

ganhadores_v_competicion_robots_uvigo2.jpg

Xestionar os conflitos nas aulas. Charla de Juan Vaello o luns 29 de abril de 17 a 19 horas

Temos a honra de ter na Estrada a un referente na educación da convivencia, Juan Vaello Orts. É psicopedagogo, titor na UNED de Benidorm de Psicoloxía da Motivación e de Psicoloxía da Emoción, e habitual colaborador en Cursos de Formación do Profesorado.

Ao longo da súa extensa vida profesional foi mestre, profesor de filosofía, director do IES Bernat de Sarriá de Benidorm e autor de varios libros, (Resolución de conflictos en el aula (2003), Las habilidades sociales en el aula (2005), Cómo dar clase a los que no quieren (2007), El profesor emocionalmente competente (2009), Claves para gestionar conflictos escolares (2012), ademais de numerosos artigos.

A asistencia é aberta e non se necesita previa inscripción. O seminario de mellora da convivencia anima a asistir a todo o profesorado, sexa ou non do propio centro.

Catalibros o venres no 2º recreo: ven a velos á MeGaBiblio!

O vindeiro venres no 2º recreo, visualizaremos os Catalibros realizados polos alumnos da materia de Lingua Castelá coa profesora Sonia Iglesias, que conseguirán a chapa da Biblio.

Tamén faremos pública a presentación sobre a historia do libro realizada polos nove centros educativos de A Estrada.

Catalibros e "Historia do libro", o mércores na MeGaBiblio (2º recreo)

Mañá mércores no 2º recreo, visualizaremos os Catalibros realizados polos alumnos de 1º de Bacharelato na materia de Lingua Castelá coa profesora Sonia Iglesias.

Logo faremos pública a presentación sobre a historia do libro realizada polos nove centros educativos de A Estrada.

Durante estes días veredes unha estantería na que colocamos libros que podedes levar para as vosas casas se son do voso interese. Estes materiais foron doados por profesorado e alumnado do centro, e agradecémosllelo ofertándolles aos libros unha nova andaina.

Captura de pantalla 2019-04-23 08.29.59.png

Maqueta do IES do alumnado de Volume de 1º de Bacharelato

A maqueta do noso centro que dende hai uns días podedes ver suspendida na entrada do edificio foi realizada en cartón pluma a escala 1/50 polo alumnado de Volume do Bacharelato de Artes. 

Programa CORES

O alumnado de 4º ESO de Economía participou o día 10 de abril no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Marcas e Consumo responsable. A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía.

O ex-alumno Abel Carbajal ficha polo estudio de animación Laika

Parabén no nome de toda a Comunidade educativa.

A nova na prensa:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Olimpíada de tradución de textos clásicos

O pasado xoves 4 de abril, na facultade de Filoloxía da USC, as alumnas de 2BAC Patricia Riveiro, Alexandra Gambino e Carlota Goldar, participaron nas probas de tradución de grego, dentro da V Olimpíada de tradución de textos clásicos organizada por SEECGalicia. A festa de entrega solemne de diplomas a todos os participantes e de premios aos tres primeiros clasificados en cada modalidade terá lugar o próximo 15 de maio na mencionada Facultade de Filoloxía. 

IMG_5813.jpeg

Contido da charla da ABAU 2019

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (4 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2019, adxuntamos ficheiro do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Reunión da ANPA o mércores 10 ás 20:30

No enlace podedes consultar a convocatoria de reunión da ANPA.

Convocatoria.

A exposición do alumnado de Artes do MGB na prensa de hoxe

Podedes ler a información sobre a exposición do alumnado de Artes na prensa de hoxe.

La Voz de Galicia.

Faro de Vigo.

Distribuir contido