Día da muller. Charla e documental.

Hoxe, 12 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas escolares dos tres IES da Estrada organizamos, no auditorio da AGASP, dúas actividades:

  • Charla de Aurora Marco para 4º de ESO e 1º de Bacharelato de 10.30 a 12.00 horas e
  • Proxección do documental Tecido resistente e, posterior coloquio coa directora do mesmo, Marina Chiavegatto; para 3º de ESO de 12.30 a 14.00.

** Hoxe, ademais, xantamos xuntos os membros do club de lectura (os corredoiras e as autoestradas). Agardámoste!

Captura de pantalla 2019-03-12 08.56.23.png

Itinerario da viaxe cultural polo norte de Italia

Un grupos de alumnos e alumnas do noso centro están nestes días de viaxe cultural polo norte de Italia acompañados polas profesoras Beatriz M., Esther S. e María V. Podes consultar o itinerario no enlace.

Enquisas de convivencia (circular nº3)

Durantes estes días e ata o 17 de marzo como data límite, a comunidade educativa do MGB realizará unhas enquisas de convivencia da Consellería como parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 . As instruccións para a realización das enquisas ás familias serán distribuídas estes días mediante a circular nº3. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co equipo directivo de centro.

CIRCULAR Nº3

Alumnado de xeografía do MGB na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.

O pasado venres 22 os alumnos de xeografía do centro, coordinados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.

Entroido 2019 no MGB

Xa temos o programa de Entroido para o vindeiro venres 1 de marzo. O cartel anunciador foi realizado por Miriam Núñez López. Grazas a todos os participantes no concurso de carteis e, por suposto, a María Armada pola súa colaboración.

Our handmade books

Un curso máis, o alumnado de 2º ESO elaborou os seus propios libros de Inglés. Están na Biblioteca... Have a look!

Odisea 2019 - Grupos gañadores no MGB

Onte xoves no segundo recreo fixemos entrega na MeGaBiblio dos premios correspondentes á edición 2019 do concurso de Cultura Clásica Odisea.

Os grupos gañadores foron os seguintes:

  1. FAMILY FRIENDLY, de  3ESO (Jesús Silva, Mauro Iglesias e Brais Vinseiro)
  2. RAPSODAS ESTRADENSES, de 1BAC C (Victoria Pazos, Ana Quintela e Lucía Rey)
  3. MI FAMILIA ADOPTADA, de 3ESO (María Porto, Carla Viqueira, Laura Salgueiro)
507B4B08-8B08-4129-BDD3-5A85F5C0EB47.JPEG

Olimpiada española de Física

O vindeiro vernes, 22 de febreiro, o alumno Aarón Cela Riveiro de 2º Bacharelato  A, dirixido por Augusto Otero, participará na  XXX Olimpiada Española de Física na súa fase autonómica na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Moita sorte!!!

Reunión "Reto lector"

O vindeiro venres no 2º recreo celebrarase na MeGaBiblio unha reunión con todos os participantes do "Reto Lector". Neste doc en *.pdf podedes atopar a listaxedos libros de matemáticas nun fermosos díptico.

Títulos de ESO e Bacharelato

O alumnado que rematou os estudos neste centro no curso académico 2016/2017 ou anteriores pode pasar pola SECRETARÍA do centro  a recoller os títulos da ESO ou BACHARELATO que lle correspondan.

Andorra 2019

A semana pasado os alumnos de 1º e 2º de BAC estiveron na estación de esquí de GrandValira, en Andorra, realizando unha actividade organizada polo Departamento de Educación Física, acompañados polos profesores Alejandra Pérez, Rosa Mato e Álvaro P. Vilariño.

Hora de ler, mércores 6 de febreiro a 2ª hora

Mañá mércores 6 de febreiro a 2ª hora, 9:35 h., temos Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

Hoxe reunión do clube de lectura

Hoxe, martes 5 de febreiro, o clube de lectura da MeGaBiblio reunirase de 14.10 a 16.30.

 

Visita a Porto organizada polo departamento de Música

O pasado fin de semana alumnado de Música do noso centro visitou a cidade de Porto acompañado polas profesoras María Varela e Esther Sánchez para participar en diferentes actividades na Casa da Música.

 

Visita do alumnado de 2º de Bacharelato á empresa Iberluffa

O xoves 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía e FUAX acudiron á empresa IBERLUFFA, fábrica de exponxas vexetais, en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na área de cultivo cas explicacións do proceso produtivo dende a plantación das semillas, recoleción do froito, secado e transformación do mesmo, rematando ca organización da empresa, comercialización e distribución do produto.

Distribuir contido