Visita á Biblioteca América
Enviado por Vicedirec. o 9 Novembro, 2018 - 09:00O pasado xoves 8 de novembro, os alumnos de latín de 2BAC do MGB estiveron visitando as dependencias da Biblioteca América da USC no Pazo de Fonseca, onde puideron admirar a edición facsímil do Libro de Horas de Fernando I de León, un códice de 1055, anterior ao códice Calixtino.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2018 - 21:34O día 6 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, as bibliotecas, as dependencias dos grupos parlamentarios, patios interiores e o Hemiciclo, onde os alumnos puideron presenciar unha sesión plenaria.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Sonia Iglesias.
Visita ás Fragas do Eume
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2018 - 12:49Os días 25 e 26 de outubro o noso alumnado de 1º ESO viaxou ás Fragas do Eume onde realizaron numerosas actividades físicas en contacto coa natureza. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro e Norma Pillado.
Podedes ver tódalas fotos nesta ligazón.
O vindeiro 2 de novembro non haberá clases no MGB
Enviado por admin o 30 Outubro, 2018 - 17:16Lembrade que o día 2 de novembro non haberá clases no noso instituto ao ser autorizado como non lectivo polas autoridades educativas.
Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por Vicedirec. o 29 Outubro, 2018 - 10:43O noso alumno de 3º PMAR Mehdi El Nabaoui vén de gañar por terceiro ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Entrega de diplomas aos axudantes de Biblioteca
Enviado por BiblioMGB o 24 Outubro, 2018 - 10:18Hoxe mércores 24 de outubro, tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de diplomas aos axudantes de cursos anteriores e do curso actual. A entrega foi realizada por Pilar Sampedro.
Mércores 24 de outubro, día da biblioteca escolar
Enviado por BiblioMGB o 22 Outubro, 2018 - 08:56Este mércores, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca Escolar. Haberá 2 eventos nos recreos: no primeiro recreo, a entrega de diplomas (a cargo de Pilar Sampedro) aos ex axudantes da biblioteca, e a entrega das identificacións, horario e libreta, para os novos.
No 2º recreo, coa axuda de Pepe, intentaremos cumprir ao pé da letra o lema "Enróscate na lectura". Estades todos invitados!
Exposición sobre Especies Invasoras
Enviado por Vicedirec. o 12 Outubro, 2018 - 23:16Do 8 ao 19 de outubro teremos no noso centro a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Trátase dunha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que nos presenta a realidade das especies invasoras de flora e fauna que existen en Galicia e a problemática asociada ás mesmas.
Máis información nesta ligazón.
Asemblea xeral ordinaria da ANPA o vindeiro 16 de outubro
Enviado por admin o 10 Outubro, 2018 - 10:48A ANPA do centro celebrará unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 16 de outubro.
Hora de ler, luns 8 de outubro a 1ª hora
Enviado por BiblioMGB o 8 Outubro, 2018 - 08:42Este luns 8 de outubro ás 8:45 h., comeza Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Reunión excursión Andorra 2019
Enviado por Vicedirec. o 5 Outubro, 2018 - 12:15O vindeiro martes 9 de outubro no 2º recreo terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro unha reunión para o alumnado de Bacharelato interesado en participar na actividade de esquí en Andorra. Podes consultar dende esta páxina toda a información sobre a mesma.
Apertura da Biblioteca, venres 5 de outubro
Enviado por BiblioMGB o 1 Outubro, 2018 - 09:08O vindeiro venres 5 de outubro a MeGaBiblioteca abrirá o seu servizo de préstamo para o curso 2018/19.
En breve informaremos das novidades editorias e outras de interese para este novo curso.
Recepción ás familias do alumnado do MGB o martes 2 de outubro
Enviado por admin o 28 Septembro, 2018 - 13:11O vindeiro martes 2 de outubro titores e equipo directivo reunirémonos coas familias do noso alumnado a partir das 18:15. Podedes consultar o horario na Circular Nº 2 xa enviada.
Comezo do curso 2018-2019: listas de grupos e materias e presentacións
Enviado por XefeEstudos o 11 Septembro, 2018 - 18:38O venres 14, ás 10, faremos públicas no Centro as listas provisionais de grupos e materias. Atenderemos calquera erro ou omisión ata as 11:30.
O luns 17 arranca o curso 2018-2019. O alumnado deberá presentarse no Centro no seguinte horario:
- 9:30, 2º de Bacharelato (recepción polos titores)
- 10:00, 1º de Bacharelato (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)
- 11:00, 4º da ESO (recepción polos titores)
- 11:30, 3º da ESO (recepción polos titores)
- 12:00, 2º da ESO (recepción polos titores)
- 12:30, 1º da ESO (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)
A prensa recolle os excelentes resultados do alumnado do MGB nas probas ABAU nos últimos anos.
Enviado por XefeEstudos o 15 Xullo, 2018 - 19:35A prensa de hoxe recolle os excelentes resultados do alumnado do García Barros nas probas ABAU, e mesmo detaca a singularidade do noso Centro, o terceiro de Galicia entre os que presentan entre 50 e 99 alumnos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »