Restablecemento do proceso de admisión para o alumnado procedente doutros centros

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Púlbiass e Xustiza (DOG num. 86, do 6 de maio), no ámbito educativo, establece os seguintes acordos:

  • Retablecer o procedemento de admisión de alumnado:
    • Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio. O procedemento se pode realizar de xeito telemático na aplicación admisionalumnado (recomendable), ou presentar a solicitude no propio centro (anexo II cuberto, xunto cunha fotocopia do DNI do/a alumno/a).
    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitidos antes do 9 de xuño de 2020. Con 3 día hábiles para formular reclamacións.
    • Publicación das listaxes defintivas do alumnado admitidos e non admitidos antes do 26 de xuño de 2020.
  • Apertura dos centros educativos:
    • Dende o luns, 11 de maio, o instituto estará aberto de 9:00h a 14:00h.
    • Recordamos que os deprazamentos ao centro educativo só se deben realizar para os trámites estrictamente necesarios, e no caso de acceder ao interior rogamos empreguen mascarilla e sigan as instruccións que se establezan na entrada do mesmo.
    • As consultas serán atendidas no teléfono do centro (986590104) no horario de apertura o no correo electrónico ies.garcia.barros@edu.xunta.es

OLLO!!!

O ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO OU O ALUMNADO DO PÉREZ VIONDI NON TEN QUE SOLICITAR PRAZA.