AVISO IMPORTANTE: Alumnado 2º Bacharelato
Enviado por admin o 4 Xuño, 2020 - 11:55
Trámites que debe realizar o alumnado de 2º de Bacharelato que supera o curso na avaliación ordinaria do 8 de xuño:
Depósito do Titulo de Bacharelato (obrigatorio), documentación a presentar:
- Impreso de solicitude cuberto e asinado.
- Fotocopia do DNI.
- Impreso de taxas (Debe ir a iniciar taxa, seleccionar o candado aberto e despois a descargar modelo en blanco, cubrir as 3 follas e levalas a entidade bancaria donde fará o pago. No centro deberá entregar unha das copias seladas pola entidade bancaria. Documento cos códigos para cubrir os impresos.
Matrícula para a ABAU, documentación a presentar:
- Impreso de matrícula cuberto e asinado. Lembrar que o enderezo electrónico para futuros trámites coa CIUG debe ser diferente ao do MGB.
- Fotocopia do DNI.
- Impreso de taxas (deberá levar tres copias o banco, e no centro entregar unha selada pola entidade bancaria onde se realizou o pago (*).
Os impresos pódense descargar das ligazóns e tamén estarán dispoñibles para recoller na entrada do centro.
Maís información sobre as taxas. (*) Recordamos que no caso de ter dereito á reducción nas taxas deberá acompañar da documentación xustificativa correspondente).
PRAZO: do 10 ao 16 de xuño.
As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga.