Educación Física, Física e química, Linguas clásicas, Inglés, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Economía, Plástica e Visual, Electricidade, Filosofía, FOL, Francés, Castelán, Galego, Mantemento, Música, Relixión

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Olimpíada de Bioloxía 2014

O pasado venres, día 17 de xaneiro de 2014, catro alumnas de 2º de Bacharelato deste centro presentáronse á IX edición da Olimpíada de Bioloxía na súa fase Galega, que se celebrou na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.


Andrea Calviño, Paula Castro, Laura Fernández e Tania Ferradás tiveron ocasión de coñecer a compañeiros doutros centros (107 en total) e confraternizar con eles ao longo de todo ese día, onde ademais das probas, bocatas, comida, visitas aos laboratorios da Facultade e unha conferencia sobre Etoloxía encheron a xornada e deixaron un bo recordo e unha agradable experiencia nestas futuras universitarias.


Para ver algunhas das fotografías que se fixeron cicla no enlace.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

Clases sen fume

Clases sen fumes

 

O luns e martes 20 e 21 de xaneiro o almunado de 2º de ESO e 1º ESO C tivo coa doutora Victoria Aldea do Sergas as sesións formativas de prevención do tabaquismo.

Ademáis de información sobre os efectos nocivos do tabaco e a súa composición detectaron, no alumnado voluntario, os niveis de monóxido de carbono.

Aquí podes ver algunhas fotos.

 

 

O IES Laxeiro toma á Cidade da Cultura

Visita a Cidade da Cultura

O 10 de xaneiro os alumnos/-as de 3º da ESO acompañados de catro profesores visitaron na Cidade da Cultura a exposición ORINOCO. O Departamento de CCSS organizou a visita a esta colección da Fundación Cisneros que trata de acercar o mundo índixena da selva venezolana bañada polo río Orinoco. 

Neste ligazón podes atopar máis información sobre estes pobos e a súa cultura, ademáis dunhas preciosas fotografías.

Acompañados por un guía, tamén coñecemos os diferentes edificios  que forman parte deste conxunto arquitectónico tan polémico como atractivo. Aprendemos que secreta simboloxía encerra cada un deles, que materiais se empregaron para construílos, a dificultade constructiva que supuxeron e outra serie de datos referentes ao emplazamento no Monte Gaiás.

Nesta galería podedes botar unha ollada ás fotos que se fixeron nesta actividade. 

 

 

Día da Ciencia en Galego

O pasado día 4 de Novembro de 2013 celebrouse o día da Ciencia en Galego.

Nesta ocasión estivo dedicado ás figuras de Isaac Díaz Pardo, intelectual, pintor, escritor e filántropo galego. A Florence Nightingale, enfermeira inglesa que coas súas medidas de hixiena nos hospitais contribuiu ao desenvolvemento da mediciña moderna. E a Richard Buckminster Fuller, arquitecto estadounidense que revolucionou o mundo da construción con materiais lixeiros e as súas famosas cúpulas xeodésicas.

Desde o IES Laxeiro fixémoslles unha pequena homenaxe realizando carteis de cada un dos persoeiros honrados neste día, que quedaron ao longo de toda a semana expostos para toda a Comunidade Educativa. Tamén realizamos obradoiros de cúpulas xeodésicas con palliñas dos refrescos de plástico e un mural para celebrar este día.

Nas fotografías vese unha mostra deste acontecemento.

Viaxe por Asturias e Cantabria

 

O último fin de semana do mes de xuño de 2013, os alumnos do centro Rubén Carballude e José Manuel Lorenzo acompañados polo profesor Luís Jar, realizaron unha viaxe cultural por terras de Asturias e Cantabria.

Esta viaxe entraba dentro do 1º premio de Investigación Científica Luis Freire 2013, que gañou Rubén Carballude co traballo: "A que velocidade se moven os caracois?".

Nela tivemos ocasión de ver o xardín botánico de Xixón, as covas de Tito Bustillo e o Soplao, o museo asturiano dos dinosaurios e as vilas de Candás, Ribadesella e Cangas de Onís.

Unha viaxe que premia o esforzo e bo saber destes dous alumnos, e que os enche de folgos para o próximo curso que esperemos estea tan cargado de agradables sorpresas como o estivo este que remata.

Nas fotografías pódese observar unha pequena mostrar das experiencias vividas nesta viaxe.

2º Premio no Proxecto A21EG dentro do Plan Proxecta

O día 19 de xuño de 2013, un grupo de 10 alumnos/as de 1º de ESO do IES Laxeiroacompañados polo profesor Luís Jar Pereira, participou na Xuntanza Española da A21EG en Pontevedra.

Este grupo de alumnos/as foi selecionado para expoñer o traballo "O teu contorno: Cóidao e cóidaste" a alumnado de diferentes centros de ensino secundario de seis Autonomías do Estado Español.

Neste encontro fixeronse co 2º Premio desta Xuntanza para os centros participantes dentro de Galicia e que formaban parte do Plan Proxecta. Asemade tiveron ocasión de comentar e departir con alumnado de Castilla La Mancha, País Vasco, A Rioxa, Cataluña e Canarias sobre cuestións medioambientais e sustentabilidade.

Distribuir contido