Viaxe por Asturias e Cantabria

 

O último fin de semana do mes de xuño de 2013, os alumnos do centro Rubén Carballude e José Manuel Lorenzo acompañados polo profesor Luís Jar, realizaron unha viaxe cultural por terras de Asturias e Cantabria.

Esta viaxe entraba dentro do 1º premio de Investigación Científica Luis Freire 2013, que gañou Rubén Carballude co traballo: "A que velocidade se moven os caracois?".

Nela tivemos ocasión de ver o xardín botánico de Xixón, as covas de Tito Bustillo e o Soplao, o museo asturiano dos dinosaurios e as vilas de Candás, Ribadesella e Cangas de Onís.

Unha viaxe que premia o esforzo e bo saber destes dous alumnos, e que os enche de folgos para o próximo curso que esperemos estea tan cargado de agradables sorpresas como o estivo este que remata.

Nas fotografías pódese observar unha pequena mostrar das experiencias vividas nesta viaxe.