Xeografía e historia
Falamos da escola cos maiores do Centro de Afundación en Betanzos
Un ano máis o noso instituto traballa pola solidariedade interxeneracional colaborando co Centro de Envellecemento Activo de Afundación en Betanzos. Nos pasados dous cursos compartimos maiores e pequenos as experiencias sobre a emigración no programa "Fálame da emigración"
Neste 2018 (ademáis cun certo protagonismo porque foi grazas á idea e ao ofrecemento do noso profesor de Pedagoxía Terapeutica, Ramón Ferreño) puxémonos a lanzar unha nova experiencia piloto de “Fálame da escola” no IES Francisco Aguiar. A estrutura das sesións interxeneracionais replica as de “Fálame da emigración”:
Na primeira sesión que terá lugar o venres 2 de febreiro (grupos A e B de 2º ESO) e o mércores 7 (grupos C e D de 2º ESO):
- Veremos un video para contextualizar o tema
- Despois daremos paso ás experiencias dos maiores sobre a súa escola.
- Preguntas e debate.
- Formación de pequenos grupos de alumnos e maiores para seguir afondando no tema.
Na segunda sesión( o 28 de febreiro e 2 de marzo):
- Percorreremos maiores e alumnos a exposición preparada por Ramón Ferreño sobre a escola
- Escoitaremos a investigación dos nosos alumnos sobre a escola dos seus pais, nais, avoas, avós...
- Formaremos pequenos grupos de reflexión
- Conclusión final para pensar sobre a escola que queremos para o futuro.
Desenvolvemos o deseño e os materias do proxecto para o seu lanzamento neste curso 2018/2019 coa intención de implementar a experiencia a través da rede de Espazos +60 de Afundación e ofertala a outros IES de toda Galicia .
FALAMOS DE XEOGRAFÍA
O VENRES 12 DE XANEIRO profesorado da facultade de Xeografía da Universidade de Santiago reuniráse co alumnado de Xeografía de 2º BAC do noso instituto para falar de xeografía e para presentar os estudos do Grao que esta disciplina desenvolve na Facultade compostelá.
Lonxe queda unha disciplina entendida só como pura descrición do medio físico ou humano.
Pouco ten que ver a xeografía do século XXI con listas de ríos, montañas, cabos e golfos.
A día de hoxe, a xeografía analiza as relacións entre o medio e o ser humano, entre o espazo e as sociedades que o habitan.
E faino cun sentido crítico, explicativo e, na medida do posible, transformador.
A charla terá lugar no Salón de Actos do IES Francisco Aguiar entre as 11.45 e as 12.35hs.
Chegou aos nosos oídos...a escola de folklore que (tamén) recreaba cadros
Chegou aos nosos oídos... a fermosa inciativa da Escola Municipal de Folklore de Betanzos de recrear con figuras reais ( os mesmos compoñentes da dita Escola) un famoso cadro do pintor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor que leva por título "Comida de boda en Bergantiños"
Se por algo chama a nosa atención esta iniciativa é pola calidade da reproducción e pola presenza na imaxe de varios alumnos/as e ex alumnos/as: Irene, Roque, Alejandro, Ángela. E, por fontes ben informadas, chegounos a información da participación estelar na iniciativa da recén graduada en Historia, Sara Fraga.
Encantados dende o Aguiar coa iniciativa. Parabéns a participantes de todo tipo! Que se repita!
Chegou aos nosos oídos...Xosé Luís Mosquera expón en Portugal
Chegou aos nosos oídos... que o novo traballo artístico do profesor Xosé Luís Mosquera. Do noso compañeiro poderíamos dicir moitas cousas boas sobre o seu labor docente e, por riba de todas, que temos a fortuna de que forme parte do noso equipo de profesores.
Xosé Luís xa nos ten afeitos a recibir premios polo seu labor artístico coa palabra, como poeta(enlace).
Agora coñecémolo nunha nova vertente cun interesante traballo gráfico que expón entre o 16 de decembro e o 4 de febreiro na Casa da Granja de Amarante ( Portugal). Convidado pola "Associaçâo para a Criaçâo do Museo Eduardo Teixeira Pinto" presenta unha interesante mostra dos seus collages baixo o suxestivo título "MUSAS: As mulheres fatais"
PARABÉNS X.L. !
Chegou ás nosas retinas(desta volta non foron oídos).... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos do Pasatempo
Chegou ás nosas retinas... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos.
A Casa dos Espellos( enlace) é unha revista dixital xurdida dun grupo de entusiastas traballadores pola revitalización e valoración do Parque Enciclopédico de O Pasatempo. Atopamos no elenco de colaboradores e colaboradoras a un bo número de antigos alumnos do noso Instituto. Comezando polo que semella ter bastante que ver coa iniciativa, Ángel Arcay, o resto do elenco o cubren con nota, Sara Fraga, Lucía Díaz, Eduardo Marqués, Daniel Lucas Teijeiro...
Pero deixemos que sexan eles os que presenten o proxecto:
Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega, nace ca mesma vontade ca que Don Juan García Naveira construíu dita Casa no Parque do Pasatempo.
Se o Parque pretendía ser un alegato ao coñecemento e á educación (nunha das moitas narrativas que nos pode aportar o lugar) a Casa dos Espellos era un dos divertimentos deste xardín no que o visitante atopaba unha realidad deformada dende diferentes puntos de vista, con espellos cóncavos e convexos que devolvían unha imaxe real e ao mesmo tempo diferente do que tiñamos diante.
É por iso que cremos necesario a publicación desta Revista de carácter científico, onde teñan cabida moitos deses traballos que nos aporten novas visións sobre todo o mundo que xira baixo os nosos pés. Novos puntos de vista e novas formas de narrar todo o que está a acontecer.
(enlace)ilustración de Josiño Souto Santé
Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista semestral que nace co obxectivo de dar voz aos novos protagonistas dos diferentes campos da nosa cultura.
Malia que parte da vontade de recuperar todo o relacionado co pasado do Parque del Pasatiempo e da cidade de Betanzos, está aberta ao coñecemento doutras realidades do ámbito galego nas súas diferentes vertentes: arte, arquitectura, historia, xeografía, socioloxía, antropoloxía, xornalismo, urbanismo, turismo, literatura e un longo etcétera.
Prestará especial atención tamén a todo o relacionado co pasado da nosa emigración en todas as súas expresións culturais.
Parabéns para esta iniciativa que axuda a adquirir conciencia do noso patrimonio
e felices de que o Aguiar forme parte
( aínda que sexa na prehistoria) deste proxecto
Aproximación a linguaxe do cinema: "En Construcción", J.L. Guerín
Curso 2016-2017. Amablemente recibimos a invitación de participar no programa Cinema en Curso dos Plans Proxecta. Dificultades de organización e de persoas dispoñibles lévannos a unha colaboración máis reducida e fora do estricto Plan Proxecta.
O profesor Xosé Luis Mosquera Camba traballa cos seus alumnos e alumnas de 4º da ESO sobre Pierrot le Fou de J.L. Godard.
O pasado 8 de xuño continuando con este traballo reunimos ao alumnado de 4º da ESO do noso instituto para unha proxección moi especial.
Convocámolos no que pasa por ser a sala de cine máis antiga de España (XI.1882), o Cine Alfonsetti. O motivo era o visionado dunha obra cinematográfica de primeira entidade: "En construcción" de J.L. Guerín.
Pese á esixencia da proposta, cremos poder dicir que o alumnado puido descubrir na proxección algúns do valores do cine que, por desgracia, quedan agochados con moita frecuencia no cine comercial que consumimos adoito.
En Construcción nos cuenta, o nos muestra, la demolición de un viejo edificio en el Barrio Chino de Barcelona. Pero más que ser un mero documento que registre ese proceso, es una metáfora sobre el paso del tiempo, sobre el cambio de siglo, sobre el efecto que esto tiene para las personas, centrándose en unos personajes que aparecieron por casualidad, que se cruzaron con la idea del cineasta de realizar una película.
El cineasta muestra su preocupación constante por el paso del tiempo, preocupación por lo que dejamos atrás, como dice Mª José Ferris Carrillo ‘‘[J.L. Guerín] es un visitador de tiempos y espacios…va en busca de lo efímero…’’. Guerín se interesa por capturar en el celuloide el ciclo vital del ser humano.
José Luis Guerín diluye la línea imaginaria que separa la ficción de la no ficción. Aunque el documental no sea un género propiamente, sino una amplia familia con múltiples ramificaciones, siempre se la ha entendido como la ‘‘antítesis de la ficción’’ , y es por eso que esa disolución de la frontera cobra mayor importancia.
El azar es un componente importantísimo en este filme. Desde el guión hasta el rodaje, el azar es el que va dirigiendo al equipo y al cineasta de un lugar a otro, de un personaje a otro, de una trama a otra. El propio Guerín dice ‘‘la experiencia que de verdad me interesaba era esa, partir sin un guión previo…’’ . A diferencia de otros documentales, como por ejemplo La Espalda del Mundo (2000) de Javier Cociera, En Construcción no parte ni de un guión ni de unas entrevistas previas con personajes pactados. Se busca la espontaneidad y el azar de lo cotidiano; sin embargo no puede separarse del género o del concepto documenta,l ya que ‘‘…habla de nuestro mundo, más concretamente del que estamos dejando atrás. ’’
Se puxemos os alicerces para crear bos afeccionados ou non... diránolo o tempo
Chegou aos nosos oidos.... Xosé Luis Mosquera acada o premio de poesía de Carral
(picar na imaxe para acceder á noticia en prensa)
Chegou aos nosos oídos... que o nosos compañeiro o profesor de Historia da Arte, Xosé Luis Mosquera, volveu acadar o recoñecemento ao seu labor literario gañando a vixésima edición do certame de poesía Concello de Carral coa súa obra ‘Das árbores tropicais e do amor’.
O xurado destacou que a obra gañadora é un poemario “de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado”.
PARABÉNS DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA XOSÉ LUIS
Venres de remate da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía
O xoves comemos pastas cociñadas en fornos solares e fresas con chocolate ; escoitamos música nos patios da man dos nosos compañeiros e dos convidados de Boqueixón; volvemos a experimentar coa temperatura, a presión e a humidade; alucinamos coa impresora en 3D e cos campos magnéticos xiratorios; xogamos a unha Oca do máis científico; calculámoslles proporcións áureas aos compañeiros de 3º da ESO; e polo que poidese pasar, 1º de bacharelato e o alumnado do ciclo xuntáronse para unha charla e práctica sobre soporte vital.
E mentres todo isto estaba a ocorrer no Aguiar, 8 rapaces e rapazas participaban en Coruña na Olimpiada Matemática para 2º da ESO
O venres rematará esta Semana da Ciencia e da Tecnoloxía do Aguiar.
Nela sacamos a ciencia aos andeis e corridores do Instituto;
foron os alumnos e alumnas explicaron os diversos procesos e mecanismos;
quitamos o medo a que, por unha semana, houbese algo máis de ruido do habitual ( todo sexa pola ciencia);
CELEBRAMOS, ENTRE TODOS, A CIENCIA E A TECNOLOXÍA.
LISTOS PARA PREPARAR A VIIª EDICIÓN?
Saída didáctica. Santiago de Compostela e a Arte. 25.IV.2016
Como ven sendo tradicional, nesta parte final do curso o alumnado que cursa a materia de historia da Arte en 2º de Bacharelato cursa unha indispensable visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Desta volta, protagonizan o evento un grupo numeroso acompañados polos seus profesores Xosé Luis Mosquera e Xan Munín.
O programa inclúe a visita aos principais monumentos da arte medieval e barroca da cidade, un percorrido polo trazado urbano,un achegamento á arte máis recente no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e unha visita á obra do arquitecto Peter Eisenman, a Cidade da Cultura.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »