Xeografía e historia

IPAHE. Do mercado matinal na Fortezza de Siena á San Gimignano

 

Está claro que a relación entre as nacións e os seus símbolos é diversa. O caso de España coa súa bandera é especialmente curioso. Por iso cecais sexa noticia que para agasallar aos seus invitados españoles, os amigos do Liceo Galileo Galilei, fixeran ondear a bandera española na porta do instituto á beira das banderas italiana e europea.

 

Logo desta sorpresa referida ao protocolo metemonos de cheo no noso estudo .  A Vía de peregrinación francíxena que estamos a estudar non é simplemente unha rota cultural ou espiritual é tamén unha vía de intercambio material, comercial. Ten por isto tivo sentido a experiencia matinal de visitar o mercado que semanalmente se celebra na Fortezza Medicea de Siena. Coñecer os productos típicos e sentir a lingua da venda, do regateo, a invitación dos mercaderes á compra. 


Á tarde percorrido por unha das máis fermosas vilas desta ruta ao seu paso pola Toscana: San Gimignano.  Disfrutar do espectacular skyline "case-neoiorquino" da cidade das torres

No Duomo de San Gimignano os impresionantes frescos de Ghirlandaio e os Maiano entre outros importantes pintores.

 

IPAHE (International Paths for Artistic and Humanities Education) en Siena. Erasmus e intercambio

O traballo do luns 14 non podía ser máis acaído ao proxecto sobre a Vía Francíxena.

Nun día radiante aínda que bastante frío,  percorremos unha chea de mosteiros ligados a esta vía de peregrinación:a Abadía de Monte Olivetto Maggiore, a cidade de Montalcino e, como remate da rota,  a Abadía de Sant'Antimo.

Para o martes un pequeno descanso de vía Francíxena.

Visitamos Florencia, a gran rival de Siena. A cidade do renacemento: San María dei Fiore, Piazza della Signoria, Palazzo Vecchio.... e moi alerta co "síndrome de Stendhal" acechando ante tanta maravilla concentrada. Porén advertimos que os xestos da rapazada posando na ponte sobre o río Arno non son tantade deslumbramento por beleza canto pola raiola de sol que quixo acompañar a visita. 

Mañá, mércores, sesión de mercado tradicional en Siena e pola tarde visita á preciosa citadina de San Gigmignano, a cidade das torres.

 

Primeiro día do intercambio erasmus en Siena.

Logo dunha viaxe, afortunadamente,  sen maiores sobresaltos, os 20 alumnos participantes acompañados por Carmen Suárez e Lucía Sáez chegaron a Siena aterrizando previamente en Florencia. 

Primeiras horas para afacerse co lugar, coñecer ás familias acolledoras, aos alumnos anfitrións e o instituto,  Liceo  Galileo Galilei, dende  onde se coordinarán boa parte das actividades destes días.

Como bo instituto da rama científica  amosanos unha "credencial" significativa. No oco das súas escaleiras atopamos pendirado un magnífico péndulo de Foucault.

 

Para o resto da mañá quedou unha obrigada visita. Coñecida é a tradición senesa do Palio no que cada barrio da cidade organizada en "contradas" participa nunha espectacular carreira de cabalos na Piazza do Campo.  Desta volta coñecemos a sé da contrada da onda 

IPAHE. Proxecto Erasmus + . A Vía Francíxena ao seu paso por Siena

O pasado ano o noso IES comezou un interesante  traballo sobre a Vía Francíxena en colaboración co Liceo "Galileo Galilei"  Siena.

Este traballo inscríbese nun proxecto erasmus + que está a ser coordinado polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Carmen Súarez Moledo acompañadas como anfitriona pola profesora Lucia Papinni. O proxecto, que leva por nome IPAHE (International Paths for Artistic and Humanities Education), aborda un traballo que pretende estudar os camiños de peregrinación como vías para a conformación histórica dunha identidade europea. Concretamente centrarase no Camiño de Santiago e na Vía Francíxena

Carmen e Lucía estiveron traballando en Siena entre o 25 de xaneiro ao 14 de febreiro do pasado ano preparando o tema que agora poñerán en práctica co alumnado do Liceo "E.S. PICCOLOMINI"  e 20 rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º BAC do noso IES. A estancia prolongarase entre o 11 e o 18 de marzo.

Para os nosos alumnos e alumnas será unha experiencia de coñecemento e de convivencia con familias e estudantes italianos da que, de seguro,  virán cheos. Agardamos ir contando conforme teñamos noticias. 

BOA VIAXE!

8 marzo. Día da Muller Traballadora

"No Dia 8 de marzo de 1857, morreron aproximadamente 130 mulleres carbonizadas, cando foron trancadas na fábrica de tecedura, en Nova York, onde traballaban, por estaren en folga. En homenaxe a estas mulleres, en1910, declarouse o dia 8 de marzo como o “Dia Internacional da Muller”.

Olímpicos do Aguiar en Santiago

 

Como xa anunciaramos,  cinco alumnos de xeografía do noso instituto, acompañados pola profesora Teresa Bellón, participaron o venres 4 de marzo na II Olimpíada Xeográfica de Galicia. Non foi posible acadar ningún galardón desta volta pero para os participantes a experiencia foi moi divertida e enriquecedora. 

Presentámolos radiantes no Departamento da Xeografía da facultade, nos tellados con espectaculares vistas dende a mesma Facultade e no clásico árbore da Ciencia do Instituto Pai Sarmiento "elexindo" carreira. 

 

Fose como fose...citius, altius, fortius, aguiarenses

O traballo interxeracional na prensa diaria

La Voz de Galicia 3.III.2016

La Opinión. A Coruña. 4.III.2016

 

Encontro "O valor da experiencia": Fálame da emigración

O venres 4 de marzo terá lugar o derradeiro encontro ( a pasada semana xa tiveron lugar con tres grupos de 2º da ESO) da primeira fase dun proxecto ( O valor da experiencia) que está a ser moi instructivo e agradable para os alumnos e alumnas de 2º da ESO do Aguiar.

Trátase da participación en encontros para  expoñer experiencias sobre a emigración. O venres entre a 3ª e a 4ª hora serán os alumnos e alumnas de ESO 2º B acompañados polo seu profesor Xosé Luis Mosquera e polos voluntarios do Centro de Maiores de Afundación os que protagonizarán esta interesante experiencia.

Das sesións da pasada semana xa podemos dispoñer de

O Aguiar na II Olimpíada Xeografica de Galicia

A Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia, en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, organizan a II Olimpíada xeográfica de Galicia co fin de visibilizar esta disciplina tanto na sociedade en xeral como entre o alumnado en particular.

Do noso IES participarán 5 alumnos e alumnas matriculados en segundo de bacharelato que cursan a materia de Xeografía. Trátase dunha participación individual. Pero o Aguiar presenta un equipo formado por: 

Tamara Allegue,

Iago Codesido,

Mar Nieves,

Lucía Tudó e

Javier Villaverde

 acompañados pola súa profesora Teresa Bellón . 

A olimpíada celebrarase o día 4 de marzo no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago e os tres primeiros clasificados representarán a Galicia na fase estatal que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril de 2016 en Salamanca.

 

AGUIARENSES:  CITIUS,  ALTIUS,  FORTIUS!

 

Proxecto ínterxeracional "O Valor da Experiencia"

O Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia,en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social está a desenvolver un proxecto interxeracional, co título "O Valor da Experiencia", no que se implican voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos e alumnado de 2º ESO do noso IES Francisco Aguiar. 

O proxecto busca poñer en contacto á xeneración dos nosos maiores e dos nosos nenos para realizar conxuntamente unha investigación sobre o tema das migracións. Nela emprégase como elemento esencial a experiencia migratoria dos voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos que por medio de dous encontros con rapaces tratarán de dar a coñecer ás xeracións máis novas tan rica experiencia.

A actividade desenvólvese con cada un dos grupos de 2º ESO en dúas sesións. A que agora nos ocupa será a primeira ( que terá lugar os días 25, 26  de febreiro e 4 de marzo) e consistirá nun encontro con nove persoas maiores . Logo das presentacións de rigor poderemos ver o documental  "América o el Shangai" . De seguido nove voluntarios do Centro de Maiores narrarán aos rapaces a súa experiencia e someteránse a cantas preguntas lles queiran formular. 

 

América o el Shangai. Juanma from Project 7 Films on Vimeo.

Distribuir contido