Xeografía e historia
Roteiro guiado por alumnado de 2º da ESO polo Betanzos medieval
Inspirándonos na magnífica experiencia do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) que puidemos coñecer de primeira man , un grupo de alumnos e alumnas do Agrupamento de Ciencias Sociais (CCSS) de 2º da ESO preparan para o venres 17 e o luns 20 de xuño unha visita guiada ao casco histórico de Betanzos.
Na actividade, coordinados polo seu profesor de CCSS, Julián Ferrer, os propios alumnos e alumnas participantes actuarán como guías dos seus compañeiros nun roteiro pola cidade de Betanzos. O obxecto é dar a coñecer, a través desta visita guiada, como era unha cidade na Baixa Idade Media. Coñecer o noso patrimonio e valoralo únese ao obxectivo didáctico de potenciar no noso alumnado competencias clave na súa formación.
Á luz das mámoas. Obradoiro de pintura megalítica para alumnado de 1º da ESO. 11.V.2016
O Departamento de Xeografía e Historia recibíu recentemente unha interesante proposta, a celebración dun obradoiro experimental de pintura megalítica no que o noso alumnado de 1º da ESO toma contacto coas técnicas artísticas que decoran o interior das cámaras funerarias empregando os pigmentos e aglutinantes orixinais.
Tras diste proxecto atópase un grupo de xoves e entusiastas arqueólogos. A súa inciativa Á luz das mámoas (http://aluzdasmamoas.gal), parte do proxecto de conservación dun conxunto arqueolóxico no concello lucense do Saviñao, na Ribeira Sacra. Como parte do programa apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realizan actividades divulgativas entre a poboación escolar coa finalidade de contribuír á súa concienciación patrimonial.
29 de abril. Manifesto no Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
Nós, os novos
E nós, os non tan novos
Manifestamos:
1. Que cada unha das nosas engurras son sucos da historia onde medra riqueza.
2. Que cando a mocidade e os maiores nos tendemos as mans, a enerxía transfórmase e alumea os nosos pasos.
3. Que o que din os libros é máis certo cando os seus protagonistas nolo contan.
4. Que a nosa identidade se perde se ninguén escoita as persoas maiores.
5. Que demandamos espazos en que atopármonos persoas de todas as idades, para convivir e aprender.
6. Que o noso presente non existiría sen o que soñaron as persoas maiores, que o futuro da mocidade non existirá se non sabemos polo que eles e elas loitaron.
7. Que entre maiores e mozos non hai distancia. Que xuntos construímos unha nova paisaxe de diálogo e respecto.
8. Que algún día, aínda que os máis novos non o imaxinedes, seredes coma nós.
9. Que xuntos traballaremos, desde hoxe, para que chegado ese día todos valoren a nosa experiencia.
10. Hoxe asinamos, todos xuntos, que comezamos un novo camiño, da man.
Presentación do Video-Manifesto pola Solidaridariedade Interxeneracional. 28.IV.2016.
Nas semanas pasadas, os alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Francisco Aguiar estiveron a participar nun proxecto de colaboración co Centro de Maiores de Betanzos.
Como resultado diste traballo propúxoselle ao noso Instituto participar na gravación dun “spot” para conmemorar o “Dia Europeo da Solidariedade Interxeneracional” que se celebrará o vindeiro venres 29 de abril.
O Xoves 28 na sede de Afundación Abanca en A Coruña terá lugar unha rolda de prensa para materializar a presentación oficial de dito “spot” no que son protagonistas os voluntarios do Centro de maiores e un grupo dos nosos alumnos.
Pablo del Río Sánchez
Andrea Cortés Enríquez
María Dans Castro
Ainhoa Owona García
Daniel Becerra Mosquera
Franz Carro Barreiro
Noel Maximino Freire Mahía
Yasmín Pernas Días
Gabriela A. Rodríguez Feliz
Jorge Piñero Fachal
Andrés Porcas Suárez
DESEXANDO PODER VER AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PROTAGONIZANDO TAN FERMOSA INICIATIVA
Falando de emigración cos nosos maiores
Como consecuencia do "rebumbio" montado en semanas pasadas coa experiencia de encontro interxeneracional entre os socios do Centro de Maiores de Betanzos e os alumnos de 2º ESO o grupo do programa de Diversificación Cuirricular de 4º da ESO solicitou poder participar na experiencia .
Por tal motivo, tres socios do Centro de Maiores Afundación de Betanzos, José Paz Barreiro, Isabel Sánchez Edreira e José Antonio Fernández López, voluntarios do programa "Fálame da emigración", acercaranse o próximo 26 de abril ao noso instituto para contarlles a estes alumnos de 4º da ESO as súas historias de vida na emigración. E mopartir as que os alumnos descubriron no seu entorno familiar .
12. IV.2016. Santiago de Compostela para os nosos alumnos e para os convidados seneses
Como cada ano os alumnos e alumnas que cursan Historia da Arte en 2º BAC cumprirán cun imprescindible no seu programa de estudos : a visita á ciodade de Santiago de Compostela.
Desta volta estarán acompañados polos participantes, italianos e españois, no intercambio que se está a realizar co Liceo Galileo Galilei de Siena.
O programa para os alumnos de arte inclúe visita ao Museo das Peregrinacións, Catedral e conxunto urbán, triple escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, CEGAC e visita ás cubertas da Catedral.
Os participantes no intercambio completarán o programa (máis lixeiro curricularmente) cunha visita máis ampla ao Museo do Pobo Galego e un paseo matutino polo Mercado de Abastos
O valor da experiencia. 2ª sesión de encontro interxeracional sobre emigración . Xoves 31 de marzo
O xoves 31 de marzo retomamos o traballo interxeracional cun novo encontro sobre a emigración. De novo o grupo de voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos terán a oportunidade de dialogar co noso alumnado de 2º A sobre a emigración.
Desta volta con dúas novidades:
- teremos como apoio unha interesante exposición fotografica proporcionada pola Fundación ABANCA,
- e por outra banda esta vez serán un grupo dos nosos alumnos e alumnas os que exporán as experiencias de emigración que recolleron de familiares próximos.
Paralelalmente grabarase un spot cun manifesto pola solidaridade interxeracional.
IPAHE. Proyecto Erasmus. Afondando nunha cidade da ruta Francíxena.
Penúltimo día da nosas xornadas de estudo e intercambio traballando sobre a cidade que tan ben nos acolleu nesta semana, Siena
Descubrir o espíritu cívico das cidades baixomedievais contemplando os frescos de Pietro e Ambroggio Lorenzetti no Palazzo Público coa súa alegoría do bon e o mal goberno. Ou ficando boquiabertos diante da catedral, o Duomo, que maravillla dende os solos decorados de mármore ata a última tella da cuberta, dende o púlpito de Nicola Pisano ata a espazo exquisito e "rinascimentale" da "librería Piccolomini" que o Duomo alberga como unha pequena xoia.
E fronte ao Duomo unha institución clave nunha cidade peregrina da Vía Francíxena como é o Ospedale de Santa María della Scala , refuxio para peregríns e enfermos no camiño.
Vai concluindo a nosa viaxe.
Derradeira "serata" para disfrutar das familias e compañeiros anfitriones,
mercar os últimos regalos para a familia,
preparar maletas... premer,premer ata que entre todo....
Ímonos poñendo en "modo" Galicia-Betanzos-Aguiar!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »