Xeografía e historia

Chegou aos nosos oídos... Angel Arcay Barral nas xornadas de Arquivos "Olga Gallego"

Chegou aos nosos oídos... que o historiador e ex alumno do Aguiar, Ángel Arcay Barral, participará próximamente en varias xornadas de arquyivística.

Primeiro cunha comunicación nas I Xornadas de Arquivos "Olga Gallego". Baixo o título "Transparencia versus corrupción. Los archivos y la democracia" terán lugar estas xornadas na Coruña   entre os días 2 e 3 de outubro.Ángel presentará nelas unha ponencia na que reflicte algo do seu traballo máis recente: "La génesis del Archivo del Museo Provincial de Lugo: Experiencias en favor de la  transparencia y el acceso". 

Posteriormente participará nas Xornadas #‎archivando2015 ensubstitución de Isabel Sanz Caballero . Nesta ocasión Ángel Arcay Barral presentará  unha comunicación titulada "Patrimonio & Información: las experiencias del Archivo del Museo Provincial de Lugo"

Para nós é todo un orgullo. Vaian os nosos desexos do maior recoñecemento  para este traballo

Chegou aos nosos oídos...presentación do último número do Anuario Brigantino por Xosé Luis Mosquera

 

 

Chegou aos nosos oídos.... que, como cada ano, está a piques de producirse un dos grandes eventos culturais do outono betanceiro, a presentación do ANUARIO BRIGANTINO 2014, nº 37. O acto que terá lugar na   Aula Municipal de Cultura «Xulio Cuns» do Edificio Liceo   venres, 2 de outubro deste 2015, ás 20,30 h.

E, desta volta sentímonos dobremente implicados porque o Anuario está dirixido polo ilustre ex alumno ALFREDO ERIAS,  e ademais este ano fará a presentación Xosé Luís Mosquera Camba, profesor do IES Francisco Aguiar de Betanzos, doctor en Xeografía e Historia, poeta e colaborador do Anuario Brigantino.

Alumnado que deberá repetir curso

Anunciar nunha web a nome do alumnado repetidor non adoita ser prato de bo gusto.

Porén, desta volta sentímonos na obriga de anunciar aos catro ventos a identidade dun grupo de habitantes do Aguiar que deberán repetir curso o ano próximo.

 

 

Repetirán Claudio, como ocorre cos clásicos aos que sempre retornamos,

Fanny que seguerá alumeando os soportais das porquerizas(zona noble)

Repetirán Igor, mentres non pase de boceto a imaxe nidia, 

e o noso carteiro anunciador en parede allea ( como prescindir de quen porta o nome)

Repetirán, do Ciclo Superior de Xestión Comercial, o remedo da portada de King Crimson

o arbóreo demo que lles dá a benvida  na porta da "zona noble" cada mañá

Repetirán, tanto a reencarnación de Marley ("get up, stand up"),

como o correcaminos (bip, bip) . Ambos necesarios en épocas de cambios educativos

Teremos que facer repetir ao boceto de Camborios, pola contribución ao grafiti betanceiro,

e ao noso icónico "homo excaveitor"

A estes dous non lles virá mal repetir,

que adoitan agacharse no máis afastado dos soportais das porquerizas.

Como non, repetirán dous ilustres do cinema universal  King Kong

e Frankestein, que forman parte xa da nómina grafiteira do Aguiar.

 

Ollo! Contrariamente ao habitual,  a nosa proposta de repetición de curso non está motivada porque o fixesen mal. Máis ben sucede que enchen con tanta autoridade e solvencia as paredes que lles tocou cubrir que non queremos prescindir deles.

Non en van o Aguiar está nas orixes do grafiti betanceiro e segue a ser un dos "templos" desta arte na cidade.

Ferramentas Tradicionais e Máquinas Simples na IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Como pequena contribución do Departamento de Ciencias Sociais e dun grupo de entusiastas alumnos e alumnas de 2º da ESO (Irene, Lucía, Mario, Alejandro, Andrés, Gabriel), presentouse na IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía a exposición:  As máquinas simples na tecnoloxía tradicional da agricultura galega (con éxito de público y crítica, poderíamos dicir)

 

Os "culpables" do feito preséntansenos case como se fosen liderar unha revolta agraria

Mágoa que o día da toma da imaxe faltaba Alejandro

 

E con evidente bo humor fan unha proposta para portada do seu próximo disco: "Sachando Road"

 

 

.

CRÓNICA DA EXCURSIÓN DE XEOGRAFÍA POLA PROVINCIA DE LUGO (7.IV.2015)

Con algo de retraso,  atribuible á avalancha de actividades das últimas semanas, traemos á nosa web a crónica que o alumno de 2º BAC, Antonio González, fai da excursión de xeografía pola provincia de Lugo . Gracias a Antonio por tan magnífico traballo que non é o primeiro, ¿teremos que facelo de plantilla?

 

EXCURSIÓN POLA PROVINCIA DE LUGO E MÁIS ALÁ…

 

     O pasado martes 7 de abril, corenta alumnos e alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato realizamos unha excursión pola provincia de Lugo,

acompañados das profesoras Teresa Bellón e Blanca Bello, para visitar varios lugares de interese xeográfico e chegar incluso a cruzar a

fronteira con Asturias (iso que non levabamos pasaporte).

 

 

     Acompañados por un sol radiante, saímos de Betanzos ás nove da mañá e así comezámolo percorrido, coa intención de parar primeiro na

Lagoa de Cospeito, na Terra Chá, pero para chegar a ela houbo guiarnos Carlos Silva, de 2ºC, pois iamos dereitiños á Lagoa da Carballeira,

moi próxima á principal. Alí en Cospeito fixemos unha pequeniña ruta arredor da lagoa, facendo paradas nos observatorios de aves que hai al

í para obter dende eles unha vista panorámica da lagoa.

 

 

     Despois de lle dar a volta, volvemos subir ao bus e puxemos rumbo á praia das Catedrais, para chegarmos antes de que subira a marea,

pero como tiñamos tempo, non faltou unha paradiña obrigada en Mondoñedo e a toma do café con degustación da famosa torta do “Rei das

Tartas”!

 

 

     E por fin estivemos ante o mar de fermosa cor na praia das Catedrais, e chegamos aínda a tempo de vela en todo o seu esplendor: algúns

rubiron a pequenas rochas e outros (os de Miño e algún betanceiro) subiron ao arco románticos como o camiñante sobre o mar de nubes...

Pero o día seguía a ser despexado, aínda que algo nos despeiteou o vento do norte...

 

 

     Despois das obrigadas sesións fotográficas no monumento natural, dirixímonos a Ribadeo, vila que visitamos e onde xantamos. Dende alí

tomamos a primeira vista da Ría, que divide Galicia de Asturias, e unha vez que cruzamos a Ponte dos Santos chegamos a terra asturiana, a

Castropol, e alí tivemos a segunda vista da Ría, para completar a reportaxe.

 

 

     Finalmente, amenizando o bus con cánticos improvisados, sentimentos afervoados ó cantar “Os pinos” cruzando a fronteira... e chegando

incluso a formarse un debate nos asentos do medio... fomos visitar o Pedregal de Irimia, no concello de Meira, que é o lugar de nacemento do

río Miño segundo as últimas investigacións (aínda que o río recibe bastante auga da Lagoa de Fonmiñá, situada máis abaixo do Pedregal). O

Pedregal de Irimia tamén é impresionante, co son das augas do Miño que alí xorden e coa posibilidade de andar polas grandes pedras que o

forman.

 

 

     Unha última parada fixémola en Meira, cuxo concello se atopa nunha antiga á do Mosteiro de Meira, do que xa só quedan os vestixios da

parte da casa consistorial e mais a igrexa románica situada xunto á mesma.

 

 

    E por último, volta a Betanzos: chegamos ás oito e cuarto da tarde, e con este tempo aínda era día completo, polo que ben se pode dicir

que aproveitamos a xornada ao máximo, cos ánimos que implica regresar das vacacións facendo aventura... ;)

 

 

(Atte. Antonio González)

 

Remata o intercambio escolar co Liceo Duccio di Buoninsegna de Siena

Logo dunha semana intensa  de viaxes e de convivencia o mércores 22 de abril remata a estancia de 17 rapaces e rapazas do liceo Duccio di Buoninsegna de Siena (Italia) en Betanzos. Tarde de bágoas á porta do IES francisco Aguiar. Emoción a raudais. Promesas de recordo eterno e de volta polo verán. Do que non cabe dúbida é de que estes intercambios enriquecen a experiencia do nosos alumnado i en definitiva son unha grande riqueza para o Instituto en conxunto.

Noraboa ( complimenti) ás profesoras responsables , Lucía Sáez ( que, por certo, non sae na foto porque non puido estar na despedida) e Elvira Castro; aos rapaces do Aguiar que agardemos acumulasen unha grande bagaxe de experiencia positivas para eles; ao profesorado que colaborou acompañando nas actividades: X.M. Rey Bao, Carme Suárez, Óscar García, Mª José Pardo, Julián Ferrer, X.L. Mosquera; e moi especialmente ás familias que romperon as súas rutinas durante esta semana

A excursión de xeografía en imaxes

Unha vez máis con banda sonora "made_in_feita_na_casa": A Banda Sinfónica de Betanzos.

Saída didáctica de xeografía. Provincia de Lugo

     O Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia,  por iniciativa da profesora de xeografía Teresa Bellón, organiza para o martes 7 de abril unha saída didáctica para coñecer o contorno xeográfico mediante a visita dalgúns puntos moi subliñables da xeografía de Galicia: o Pedregal no que nace o río Miño en Meira; a lagoa de Cospeito; Castropol coa desembocadura do río Eo ( fronteira oriental da Comunidade Autónoma);  e a praia das Catedrais.

     Acompañada tamén pola profesora Blanca Bello, Teresa Bellón guiará nesta visita de estudo a corenta rapaces e rapazas de 2º da BAC que cursan a materia de Xeografía de España. Esta prevista a saída ás 8.45 e o regreso ás 18 h....E desta volta o tempo semella que vai acompañar.

     Contando con que o alumnado actúe como reporteiro desta web, agardamos poder  ofrecer fermosas e signifícativas imaxes da viaxe.

Chegou aos nosos oídos...Alfredo Erias. Iconografía das tres Igrexas Góticas de Betanzos

Chegou aos nosos oídos....que o arquiveiro-bibliotecario do Concello de Betanzos e ex_alumno do Aguiar, Alfredo Erias, presenta o seu libro: "Iconografía de las tres Iglesias Góticas de Betanzos".  Terá lugar na Aula municipal de Cultura "Xulio Cuns" de Betanzos este venres 27 de febreiro ás 20 horas.

Esta magna obra parte da súa tese doutoral presentada o pasado ano e cualificada cum laude. Presenta a súa proposta de interpretación iconográfica de moitas das imaxes que podemos atopar nas igrexas de Santiago, Santa María do Azougue e san Francisco:  o calendario agrícola de Santa María ( único completo en Galicia) ou os restos de calendarios agrícolas e astronómicos de San Francisco;a proposta iconográfica do paradiso na ábsida de San Francisco; a interpretación do sartego de Fernán Pérez de Andrade; a presenza da pegada clásica en figuras como Jano ou o espinario en Santa María; a explicación da reiteración de motivos franciscanos ou relativos ao episodio da Anunciación... 

En suma, unha oportunidade para descubrir a extraordinaria riqueza do noso patrimonio artístico betanceiro, coñecelo, entendelo, disfrutalo, facernos os seus principais heraldos e adquirir o compromiso de conservación e mellora coas xeración futuras. Unha oportunidade que compre non desaproveitar... e unha honra para o Aguiar contar con tan ilustres estudosos entre os seus "ex"

Crónica da visita Erasmus +

É dabondo coñecida a actividade do Instituto Francisco Aguiar no eido dos intercambios escolares con centros de ensino secundario doutros paises.

Este curso demos un paso máis coa solicitude dun proxecto de estudo inscrito na modalidade Erasmus +. O proxecto, que leva por nome IPAHE (International Paths for Artistic and Humanities Education), desenvolverase ata maio de 2016 entre Betanzos e Siena (Italia). Consiste nun traballo para estudar os camiños de peregrinación como vías para a conformación histórica dunha identidade europea. Concretamente centrarase no Camiño de Santiago e na Vía Francíxena.

 Por ese motivo as profesoras Lucía Sáez Baquedano, de Xeografía e Historia, e Carme Suárez Moledo, de Lingua e Literatura Galega,viaxarán do 25 de xaneiro ao 14 de febreiro ao Liceo "E.S. PICCOLOMINI" de Siena. Nestas tres intensivas semanas poderán coñecer de preto a vida do Liceo italiano e iniciarán a elaboración de materiais didácticos para o desenvolvemento do proxecto IPAHE.

Con esta crónica trataremos de seguir, dende a distancia, as súas andainas e  o seu traballo.

 

14.02.2015

Hoxe claustro no Pazo Doria Pamphili

 

Roma é unha cidade para disfrutala paseando ata a extenuación. Pero, desta volta,  tanto pasear  deixounos finalmente no medio e metade dunha manifestación no centro de RomaMais, nessun problema C'erano solo quattro gatti. ....

13.02.2015

Rematada a estancia en Siena xa estamos en Roma .

Mañá visita concertada ao Vaticano. Finalmente estamos na meta da Vía Francíxena

 Lucía                                                   Carme

 

12.02.2015

Última mañá en Siena. Mañá sairemos a completar a pelerinaxe cara a Roma.

Como remate unha experiencia reconfortante  estimulante: asistimos a un laboratorio de escultura no Liceo Artístico "Duccio di Buoninsegna". Os alumnos e alumnas do último ano posaron amablemente coas súas obras.

 

Para completar tan grata experiencia recibimos unha invitación á presentación dun libro no Chianti á tardiña. Xa contaremos.

11.02.2015

Hoxe volve a vena viaxeira. E o día acompaña. Atmosfera limpa, luminosa, para disfrutar das terras senesas e do val d'Orcia.  Sacamos dos corpos a friaxe dos días de nevada disfrutando dun estupendo día de calor.

 

 

Da man experta de Lucia Papini recorrimos diversos tramos de la Vía Francixena: San Quirico d'Orcia, Monteroni d'Arbia e Buonconvento.Tamén puidemos achegarnos a Montalcino.

O remate non podía ser máis "rinascimentale": Visitamos a pequena igrexa no campo de Pieve onde foi bautizado o Papa Pio II Piccolomini (que dá nome ao Liceo que nos acolle estes días)  e, finalmente  Pienza,   a cidade deseñada polo propio Pio II segundo os principios da cidade ideal do renacemento .

E para completar o día  disfrutaremos dunha cea coas dúas profesoras que nos visitarán en Betanzos co intercambio de alumnos.

Uf, non cabe máis nun día!

10.02.2015

Mañá no Liceo seguindo as clases dos nosos compañeiros italianos observando e aprendendo.

Por fin comeza  verse algunha luz ao final do túnel informático e xa comezamos a subir algunhas cousa  a eTwinning, o espazo virtual no que se comparten proxectos e experiencias docentes.

Pequena siesta ( hai costumes que non convén esquecer para non perder as raices Risa) e de novo ao traballo vespertino.

09.02.2015

Mañana de traballo no Liceo pese a que nuestra profesora titora, Lucia Papini, non veu por estar enferma.

E como colofón seguimos descubrindo as maravillas desta cidade.  Moi suxerente a visita ao Palazzo Comunale cos frescos de Ambrogio Lorenzetti. Neles represéntanse imaxes dun tema tan de actualidade como é a representación do bon (buono) e do mal ( cativo) goberno.

 

De seguido o paseo pola cidade descubre lugares e técnicas ( fresco, intarsia). Percorrer as rúas de siena envólvenos coa maxia da arte, como nos envolven os edificios que rodean a Piazza del Campo coa súa forma de concha ( conquilla). Estar en Siena nunha ruta de pelerinaxe ( a Vía francíxena)  fai coherente que a praza principal teña a forma de cuncha-venera que é tamén sinal da pelerinaxe compostelá.

As mañás pasannos moi rápidamente. Madrugamos pero, uns días no liceo, outros de visita de traballo, as horas corren veloces.

Porén as tardes son cada día un informático suplicio. O culpable anuncia o castigo no propio nome: "OrdenaDOR"

Como remate un paseo nocturno pola cidade. Cada día un novo descubremento.

07.02.2015

Este sábado reanudamos a vena viaxeira e pelegrina, voltamos a Firenze-Florencia.

As rúas estreitas, cheas de motorinos, rodeando o Museo do Bargello.

A Signoría omnipresente, como os Médicis como o Renacemento, como a beleza, por toda a cidade.

Il Ponte Vecchio, e os seus negocios de xoieiría, aínda suspirando de alivio porque estivo a piques de ser volado polos nazis na súa retirada na II Guerra Mundial.

Unha visita obrigada. A casa de Dante e o seu encontro con Beatriz,   a idealizada muller dos seus poemas.

E tras cada esquina, ao dair dunha rúa estreita, asomando por entre os tellados...o que os fiorentinos chaman unha "apparita". Unha aparición da máis impresionante obra de arte e enxeñería, a cúpula da catedral de Santa María dei Fiore que fixera Brunelleschi.

 

 

 

06.02.2015

O acompañante branco volve a encher de maxia as estreitas rúas medievais de Siena.

Pola mañá visitamos Sta. Maria della Scalla. Magnifico edificio dedicado orixinalmente a hospital de pelegrins e hoxendía espectacular museo histórico.

Hoxe asistimos á xunta de avaliación no Piccolomi

O instituto é impresionante.  Un enorme mosteiro  adecuado para acoller 3 bacharelatos: clásico,  humanístico e musical.


Asistimos a avaliacións de 3º e
4º. O sistema é semellante ao do científico que puidemos ver onte. Neste caso proxéctanse as cualificacións nunha pantalla. Ao inicio o titor fai un comentario xeneral do curso e entre todos discuten a nota de conducta. Aos pais e nais infórmaselles das materias a recuperar e do plan a seguir.  Xunto coas materias propias do artistico, cursan tamén materias da área científica: Matemáticas e Física.

¡Xornadas densas! Aseguramos.

O malo é que logo ao chegar a casa seguen os problemas de conexión a internet. Con isto o traballo vai máis lento do que desexariamos sen poder subir á rede todo o que estamos a preparar. Chora
 

05.02.2015

[14:07] : Logo dunha mañá no liceo artístico asistiremos a unha sesión de avaliación no liceo cientifico. Veremos se se parecen ás nosas.
 [16:30]  Tras asistir á  sesión de avaliación observamso algunhas diferenzas coas nosas. En primeiro lugar, están presididas polo director. Todo o proceso é en rede, as notas xa están postas e hai un apartado especial para o comportamento que ven avaliado e è o que se discute. Avalíase como unha nota máis de 1 a 10. Das notas non se fala.

Valorase a competencia oral e escrita das materias .  Latín, italiano, inglés,  mate e historia . As demais son só probas orais (filosofía, física, educación física, ciencias e arte).  No oral poñen unha nota e outra no escrito. Aparecen como materias diferentes

Cursan relixión ou alternativa.  E  o 5 é suspenso.

 

04.02.2015

Hoxe reunión coa nosa titora de Erasmus+.

O obxecto era explicarnos o funcionamento do sistema educativo italiano. Tipos de bacharaleto, outros tipos de estudos técnicos...

03.02.2015

Hoxe, martes, volta ás clases logo da fermoso experiencia en San Gimignano.

Desta vez paseamos curiosidade e ganas de aprender  por outra das seccións deste mega instituto. Se nos días anteriores ficamos abraiados pola beleza nos corridores do Liceo Artístico ("Duccio di Buoninsegna"), agora tocaba o turno ao Liceo Scientífico, o Piccolomini.  A experiencia non puido ser más sorprendente e gratificante.

 

Está tan coidado, e tan limpo... Iso que é un edificio dos anos 60, pero non se nota deteriorado.

E....os rapaces non berran polos corredores.

 

02.02.2015

Este principio da segunda semana vai ser camiñante. Imos a percorrer unha parte do que será obxecto do noso estudo: A Vía Francíxena.

Desprazámonos ata a cidade de San Gimignano. Habitualmente tomada polos turistas. Hoxe, inusualmente tranquila.

Esta vella cidade medieval está a medio camiño entre Florencia e Siena

Mundialmente coñecida polas súas 15 torres ( chegou a ter 72) coas que as familias poderosas na Idade Media competían entre sí para amosar o poder a a riqueza da casa constructora .

 

 

31.01.2015

Chegou o sábado. Aínda que hoxe nos poida parecer extrano aquí hai clase os sábados á mañá...Pero hoxe ¡suspenderonse as clases por mor da neve! Así que aproveitaremos para seguir aprendendo. Hoxe viaxamos a Firenze-Florencia

Agardemos que Siena fose unha vacuna efectiva para non contraer o síndrome  de Stendhal

Il Duomo. Santa María dei Fiore. Interior de la cúpula de Brunelleschi.   Fachada de la Catedral.

 

Tumbas Mediceas. Miguel Ángel en estado puro.

Piazzale Michelangelo. Veduta spettacolare di Firenze.  Il Duomo. La Signoría

Cae o serán. Dende il Ponte Vecchio ou nos máxicos arredores d e il Duomo

Lapidaria frase de Lucía polo whatsapp: "¡Mañana másGuiñoRisa!"

 

30.01.2015

Hoxe asistimos a un exemplo de como se avalían diariamente aos alumnos.

 "Empezamos a comprender a razón da soltura coa que se manexan estes rapaces nas súas exposicións orais. Hoxe un grupo de quinto, último ano, contounos que unha das probas do exame de estado, ao que se teñen que enfrontar para obteren o título, é unha exposición oral na que teñen que demostrar os coñecementos de xeito interdisciplinar: historia,filosofía, literatura, arte... É comprensible, pois, que se preste unha atención especial ao desenvolvemento de capacidades. O certo é que dá gusto escoitalos ( aínda que non entenda todo o que din). Encántame a sua particular "keada", aspiran o K do mesmo xeito que nós aspiramos o G" (¡imaxinade como dirán Koka-kola!)

Na sesión de hoxe Enma (unha alumna das que virá a Betanzos co intercambio deste curso) fixo unha estupenda explicación do cadro de "A Primavera" de Botticelli.  Arriba podedes ver a fotografía da clase que nos visitará en marzo.

Saimos do Liceo. Está caendo auganeve. Así que nós ao abrigo á casiña a seguir traballando ( ben,  algún que outro cafetiño cairá).

Finalmente acabou nevando. Unha estampa descoñecida para nós de Siena.

Finalmente, o resumo meteorolóxico. neve ao mediodía. Calma na noite.

29.01.2015

 Parece que finalmente puidemos solucionar o asunto da conexión a internet.

 O ceo nubrado pola mañá comeza a imitar perigosamente aos ceos galegos, ¡chuvia senesa, peccato!


As rúas xunto ao Santuario de Catalina de Siena que conducen á Fontebranda cóbrense co fino velo da choiva.

A tarde púxose perfecta para o traballo na casa ao quentiño.  Comezamos o estimulante traballo de elaborar unidades didácticas sobre " os caminos de peregrinación".

 

 28.01.2015

 Novo madrugón para retomar esta experiencia como alumnas. Estivemos nunha clase de dúas horas nas que un profe explicou a Dante, Petrarca e o Islam. Moi interesante tamén a lectura e comentario de “La Repubblica”.

 Pequeno relax no remate da mañá visitando, na fortaleza medícea veciña ao Liceo,  o mercadiño semanal ( por aquilo que dicía o historiador Georges Duby de que nas cidades había que coñecer antes que os monumentos os mercados)

En cambio a tarde foi de completo agobio. No noso apartamento non conseguimos conexión a internet . Compramos un dispositivo... pero non conseguimos conectarnos ¡E URXENTE SOLUCIONALO! Temos que poder traballar tamén desde casa.

 

27.01.2015

 Cediño, ás 8h,  comezamos as clases no Liceo. É o noso primeiro día de clase no IES Piccolomini. Impresionante o continente. Interesantes as clases de historia da arte ( dúas horas seguidas de renacemento e postimpresionismo) e historia.

 Sorpréndenos o escaso número de alumnos nas aulas ( entre dez e catorce nas clases de hoxe). Un alumno fixo unha interesantísima exposición dunha hora sobre a Europa Napoleónica. Tomamos nota.

 Respecto ás linguas o resumo nolo fai Carme: Capisco tutto, non parlo niente, pero todo se andará. Claro que desde dúas lenguas romances é máis doado, e o Galego está moi próximo.

 

 26.01.2015

Primeiro día de traballo. Toma de contacto co mellor do patrimonio artístico da cidade. Visita intensiva á Catedral e ao Baptisterio.

 

25.01.2015

Preparando maletas, ordenadores e gañas de traballar.

A medio día tomamos o avión con destino a Florencia. Unha vez alí o tren lévanos a Siena.

 

Toma de contacto co apartamento que nos servirá de “guarida” nestas tres semanas. En plena Contrada dell Istrice.

 

 

 

 

Distribuir contido