Chegou aos nosos oídos...Alfredo Erias. Iconografía das tres Igrexas Góticas de Betanzos

Chegou aos nosos oídos....que o arquiveiro-bibliotecario do Concello de Betanzos e ex_alumno do Aguiar, Alfredo Erias, presenta o seu libro: "Iconografía de las tres Iglesias Góticas de Betanzos".  Terá lugar na Aula municipal de Cultura "Xulio Cuns" de Betanzos este venres 27 de febreiro ás 20 horas.

Esta magna obra parte da súa tese doutoral presentada o pasado ano e cualificada cum laude. Presenta a súa proposta de interpretación iconográfica de moitas das imaxes que podemos atopar nas igrexas de Santiago, Santa María do Azougue e san Francisco:  o calendario agrícola de Santa María ( único completo en Galicia) ou os restos de calendarios agrícolas e astronómicos de San Francisco;a proposta iconográfica do paradiso na ábsida de San Francisco; a interpretación do sartego de Fernán Pérez de Andrade; a presenza da pegada clásica en figuras como Jano ou o espinario en Santa María; a explicación da reiteración de motivos franciscanos ou relativos ao episodio da Anunciación... 

En suma, unha oportunidade para descubrir a extraordinaria riqueza do noso patrimonio artístico betanceiro, coñecelo, entendelo, disfrutalo, facernos os seus principais heraldos e adquirir o compromiso de conservación e mellora coas xeración futuras. Unha oportunidade que compre non desaproveitar... e unha honra para o Aguiar contar con tan ilustres estudosos entre os seus "ex"