CRÓNICA DA EXCURSIÓN DE XEOGRAFÍA POLA PROVINCIA DE LUGO (7.IV.2015)

Con algo de retraso,  atribuible á avalancha de actividades das últimas semanas, traemos á nosa web a crónica que o alumno de 2º BAC, Antonio González, fai da excursión de xeografía pola provincia de Lugo . Gracias a Antonio por tan magnífico traballo que non é o primeiro, ¿teremos que facelo de plantilla?

 

EXCURSIÓN POLA PROVINCIA DE LUGO E MÁIS ALÁ…

 

     O pasado martes 7 de abril, corenta alumnos e alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato realizamos unha excursión pola provincia de Lugo,

acompañados das profesoras Teresa Bellón e Blanca Bello, para visitar varios lugares de interese xeográfico e chegar incluso a cruzar a

fronteira con Asturias (iso que non levabamos pasaporte).

 

 

     Acompañados por un sol radiante, saímos de Betanzos ás nove da mañá e así comezámolo percorrido, coa intención de parar primeiro na

Lagoa de Cospeito, na Terra Chá, pero para chegar a ela houbo guiarnos Carlos Silva, de 2ºC, pois iamos dereitiños á Lagoa da Carballeira,

moi próxima á principal. Alí en Cospeito fixemos unha pequeniña ruta arredor da lagoa, facendo paradas nos observatorios de aves que hai al

í para obter dende eles unha vista panorámica da lagoa.

 

 

     Despois de lle dar a volta, volvemos subir ao bus e puxemos rumbo á praia das Catedrais, para chegarmos antes de que subira a marea,

pero como tiñamos tempo, non faltou unha paradiña obrigada en Mondoñedo e a toma do café con degustación da famosa torta do “Rei das

Tartas”!

 

 

     E por fin estivemos ante o mar de fermosa cor na praia das Catedrais, e chegamos aínda a tempo de vela en todo o seu esplendor: algúns

rubiron a pequenas rochas e outros (os de Miño e algún betanceiro) subiron ao arco románticos como o camiñante sobre o mar de nubes...

Pero o día seguía a ser despexado, aínda que algo nos despeiteou o vento do norte...

 

 

     Despois das obrigadas sesións fotográficas no monumento natural, dirixímonos a Ribadeo, vila que visitamos e onde xantamos. Dende alí

tomamos a primeira vista da Ría, que divide Galicia de Asturias, e unha vez que cruzamos a Ponte dos Santos chegamos a terra asturiana, a

Castropol, e alí tivemos a segunda vista da Ría, para completar a reportaxe.

 

 

     Finalmente, amenizando o bus con cánticos improvisados, sentimentos afervoados ó cantar “Os pinos” cruzando a fronteira... e chegando

incluso a formarse un debate nos asentos do medio... fomos visitar o Pedregal de Irimia, no concello de Meira, que é o lugar de nacemento do

río Miño segundo as últimas investigacións (aínda que o río recibe bastante auga da Lagoa de Fonmiñá, situada máis abaixo do Pedregal). O

Pedregal de Irimia tamén é impresionante, co son das augas do Miño que alí xorden e coa posibilidade de andar polas grandes pedras que o

forman.

 

 

     Unha última parada fixémola en Meira, cuxo concello se atopa nunha antiga á do Mosteiro de Meira, do que xa só quedan os vestixios da

parte da casa consistorial e mais a igrexa románica situada xunto á mesma.

 

 

    E por último, volta a Betanzos: chegamos ás oito e cuarto da tarde, e con este tempo aínda era día completo, polo que ben se pode dicir

que aproveitamos a xornada ao máximo, cos ánimos que implica regresar das vacacións facendo aventura... ;)

 

 

(Atte. Antonio González)