Crónica da visita Erasmus +
É dabondo coñecida a actividade do Instituto Francisco Aguiar no eido dos intercambios escolares con centros de ensino secundario doutros paises.
Este curso demos un paso máis coa solicitude dun proxecto de estudo inscrito na modalidade Erasmus +. O proxecto, que leva por nome IPAHE (International Paths for Artistic and Humanities Education), desenvolverase ata maio de 2016 entre Betanzos e Siena (Italia). Consiste nun traballo para estudar os camiños de peregrinación como vías para a conformación histórica dunha identidade europea. Concretamente centrarase no Camiño de Santiago e na Vía Francíxena.
Por ese motivo as profesoras Lucía Sáez Baquedano, de Xeografía e Historia, e Carme Suárez Moledo, de Lingua e Literatura Galega,viaxarán do 25 de xaneiro ao 14 de febreiro ao Liceo "E.S. PICCOLOMINI" de Siena. Nestas tres intensivas semanas poderán coñecer de preto a vida do Liceo italiano e iniciarán a elaboración de materiais didácticos para o desenvolvemento do proxecto IPAHE.
Con esta crónica trataremos de seguir, dende a distancia, as súas andainas e o seu traballo.
14.02.2015
Hoxe claustro no Pazo Doria Pamphili
Roma é unha cidade para disfrutala paseando ata a extenuación. Pero, desta volta, tanto pasear deixounos finalmente no medio e metade dunha manifestación no centro de Roma: Mais, nessun problema C'erano solo quattro gatti. ....
13.02.2015
Rematada a estancia en Siena xa estamos en Roma .
Mañá visita concertada ao Vaticano. Finalmente estamos na meta da Vía Francíxena
Lucía Carme
12.02.2015
Última mañá en Siena. Mañá sairemos a completar a pelerinaxe cara a Roma.
Como remate unha experiencia reconfortante estimulante: asistimos a un laboratorio de escultura no Liceo Artístico "Duccio di Buoninsegna". Os alumnos e alumnas do último ano posaron amablemente coas súas obras.
Para completar tan grata experiencia recibimos unha invitación á presentación dun libro no Chianti á tardiña. Xa contaremos.
11.02.2015
Hoxe volve a vena viaxeira. E o día acompaña. Atmosfera limpa, luminosa, para disfrutar das terras senesas e do val d'Orcia. Sacamos dos corpos a friaxe dos días de nevada disfrutando dun estupendo día de calor.
Da man experta de Lucia Papini recorrimos diversos tramos de la Vía Francixena: San Quirico d'Orcia, Monteroni d'Arbia e Buonconvento.Tamén puidemos achegarnos a Montalcino.
O remate non podía ser máis "rinascimentale": Visitamos a pequena igrexa no campo de Pieve onde foi bautizado o Papa Pio II Piccolomini (que dá nome ao Liceo que nos acolle estes días) e, finalmente Pienza, a cidade deseñada polo propio Pio II segundo os principios da cidade ideal do renacemento .
E para completar o día disfrutaremos dunha cea coas dúas profesoras que nos visitarán en Betanzos co intercambio de alumnos.
Uf, non cabe máis nun día!
10.02.2015
Mañá no Liceo seguindo as clases dos nosos compañeiros italianos observando e aprendendo.
Por fin comeza verse algunha luz ao final do túnel informático e xa comezamos a subir algunhas cousa a eTwinning, o espazo virtual no que se comparten proxectos e experiencias docentes.
Pequena siesta ( hai costumes que non convén esquecer para non perder as raices ) e de novo ao traballo vespertino.
09.02.2015
Mañana de traballo no Liceo pese a que nuestra profesora titora, Lucia Papini, non veu por estar enferma.
E como colofón seguimos descubrindo as maravillas desta cidade. Moi suxerente a visita ao Palazzo Comunale cos frescos de Ambrogio Lorenzetti. Neles represéntanse imaxes dun tema tan de actualidade como é a representación do bon (buono) e do mal ( cativo) goberno.
De seguido o paseo pola cidade descubre lugares e técnicas ( fresco, intarsia). Percorrer as rúas de siena envólvenos coa maxia da arte, como nos envolven os edificios que rodean a Piazza del Campo coa súa forma de concha ( conquilla). Estar en Siena nunha ruta de pelerinaxe ( a Vía francíxena) fai coherente que a praza principal teña a forma de cuncha-venera que é tamén sinal da pelerinaxe compostelá.
As mañás pasannos moi rápidamente. Madrugamos pero, uns días no liceo, outros de visita de traballo, as horas corren veloces.
Porén as tardes son cada día un informático suplicio. O culpable anuncia o castigo no propio nome: "OrdenaDOR"
Como remate un paseo nocturno pola cidade. Cada día un novo descubremento.
07.02.2015
Este sábado reanudamos a vena viaxeira e pelegrina, voltamos a Firenze-Florencia.
As rúas estreitas, cheas de motorinos, rodeando o Museo do Bargello.
A Signoría omnipresente, como os Médicis como o Renacemento, como a beleza, por toda a cidade.
Il Ponte Vecchio, e os seus negocios de xoieiría, aínda suspirando de alivio porque estivo a piques de ser volado polos nazis na súa retirada na II Guerra Mundial.
Unha visita obrigada. A casa de Dante e o seu encontro con Beatriz, a idealizada muller dos seus poemas.
E tras cada esquina, ao dair dunha rúa estreita, asomando por entre os tellados...o que os fiorentinos chaman unha "apparita". Unha aparición da máis impresionante obra de arte e enxeñería, a cúpula da catedral de Santa María dei Fiore que fixera Brunelleschi.
06.02.2015
O acompañante branco volve a encher de maxia as estreitas rúas medievais de Siena.
Pola mañá visitamos Sta. Maria della Scalla. Magnifico edificio dedicado orixinalmente a hospital de pelegrins e hoxendía espectacular museo histórico.
Hoxe asistimos á xunta de avaliación no Piccolomi
O instituto é impresionante. Un enorme mosteiro adecuado para acoller 3 bacharelatos: clásico, humanístico e musical.
Asistimos a avaliacións de 3º e 4º. O sistema é semellante ao do científico que puidemos ver onte. Neste caso proxéctanse as cualificacións nunha pantalla. Ao inicio o titor fai un comentario xeneral do curso e entre todos discuten a nota de conducta. Aos pais e nais infórmaselles das materias a recuperar e do plan a seguir. Xunto coas materias propias do artistico, cursan tamén materias da área científica: Matemáticas e Física.
¡Xornadas densas! Aseguramos.
O malo é que logo ao chegar a casa seguen os problemas de conexión a internet. Con isto o traballo vai máis lento do que desexariamos sen poder subir á rede todo o que estamos a preparar.
05.02.2015
[14:07] : Logo dunha mañá no liceo artístico asistiremos a unha sesión de avaliación no liceo cientifico. Veremos se se parecen ás nosas.
[16:30] Tras asistir á sesión de avaliación observamso algunhas diferenzas coas nosas. En primeiro lugar, están presididas polo director. Todo o proceso é en rede, as notas xa están postas e hai un apartado especial para o comportamento que ven avaliado e è o que se discute. Avalíase como unha nota máis de 1 a 10. Das notas non se fala.
Valorase a competencia oral e escrita das materias . Latín, italiano, inglés, mate e historia . As demais son só probas orais (filosofía, física, educación física, ciencias e arte). No oral poñen unha nota e outra no escrito. Aparecen como materias diferentes
Cursan relixión ou alternativa. E o 5 é suspenso.
04.02.2015
Hoxe reunión coa nosa titora de Erasmus+.
O obxecto era explicarnos o funcionamento do sistema educativo italiano. Tipos de bacharaleto, outros tipos de estudos técnicos...
03.02.2015
Hoxe, martes, volta ás clases logo da fermoso experiencia en San Gimignano.
Desta vez paseamos curiosidade e ganas de aprender por outra das seccións deste mega instituto. Se nos días anteriores ficamos abraiados pola beleza nos corridores do Liceo Artístico ("Duccio di Buoninsegna"), agora tocaba o turno ao Liceo Scientífico, o Piccolomini. A experiencia non puido ser más sorprendente e gratificante.
Está tan coidado, e tan limpo... Iso que é un edificio dos anos 60, pero non se nota deteriorado.
E....os rapaces non berran polos corredores.
02.02.2015
Este principio da segunda semana vai ser camiñante. Imos a percorrer unha parte do que será obxecto do noso estudo: A Vía Francíxena.
Desprazámonos ata a cidade de San Gimignano. Habitualmente tomada polos turistas. Hoxe, inusualmente tranquila.
Esta vella cidade medieval está a medio camiño entre Florencia e Siena
Mundialmente coñecida polas súas 15 torres ( chegou a ter 72) coas que as familias poderosas na Idade Media competían entre sí para amosar o poder a a riqueza da casa constructora .
31.01.2015
Chegou o sábado. Aínda que hoxe nos poida parecer extrano aquí hai clase os sábados á mañá...Pero hoxe ¡suspenderonse as clases por mor da neve! Así que aproveitaremos para seguir aprendendo. Hoxe viaxamos a Firenze-Florencia
Agardemos que Siena fose unha vacuna efectiva para non contraer o síndrome de Stendhal
Il Duomo. Santa María dei Fiore. Interior de la cúpula de Brunelleschi. Fachada de la Catedral.
Tumbas Mediceas. Miguel Ángel en estado puro.
Piazzale Michelangelo. Veduta spettacolare di Firenze. Il Duomo. La Signoría
Cae o serán. Dende il Ponte Vecchio ou nos máxicos arredores d e il Duomo
Lapidaria frase de Lucía polo whatsapp: "¡Mañana más!"
30.01.2015
Hoxe asistimos a un exemplo de como se avalían diariamente aos alumnos.
"Empezamos a comprender a razón da soltura coa que se manexan estes rapaces nas súas exposicións orais. Hoxe un grupo de quinto, último ano, contounos que unha das probas do exame de estado, ao que se teñen que enfrontar para obteren o título, é unha exposición oral na que teñen que demostrar os coñecementos de xeito interdisciplinar: historia,filosofía, literatura, arte... É comprensible, pois, que se preste unha atención especial ao desenvolvemento de capacidades. O certo é que dá gusto escoitalos ( aínda que non entenda todo o que din). Encántame a sua particular "keada", aspiran o K do mesmo xeito que nós aspiramos o G" (¡imaxinade como dirán Koka-kola!)
Na sesión de hoxe Enma (unha alumna das que virá a Betanzos co intercambio deste curso) fixo unha estupenda explicación do cadro de "A Primavera" de Botticelli. Arriba podedes ver a fotografía da clase que nos visitará en marzo.
Saimos do Liceo. Está caendo auganeve. Así que nós ao abrigo á casiña a seguir traballando ( ben, algún que outro cafetiño cairá).
Finalmente acabou nevando. Unha estampa descoñecida para nós de Siena.
Finalmente, o resumo meteorolóxico. neve ao mediodía. Calma na noite.
29.01.2015
Parece que finalmente puidemos solucionar o asunto da conexión a internet.
O ceo nubrado pola mañá comeza a imitar perigosamente aos ceos galegos, ¡chuvia senesa, peccato!
As rúas xunto ao Santuario de Catalina de Siena que conducen á Fontebranda cóbrense co fino velo da choiva.
A tarde púxose perfecta para o traballo na casa ao quentiño. Comezamos o estimulante traballo de elaborar unidades didácticas sobre " os caminos de peregrinación".
28.01.2015
Novo madrugón para retomar esta experiencia como alumnas. Estivemos nunha clase de dúas horas nas que un profe explicou a Dante, Petrarca e o Islam. Moi interesante tamén a lectura e comentario de “La Repubblica”.
Pequeno relax no remate da mañá visitando, na fortaleza medícea veciña ao Liceo, o mercadiño semanal ( por aquilo que dicía o historiador Georges Duby de que nas cidades había que coñecer antes que os monumentos os mercados)
En cambio a tarde foi de completo agobio. No noso apartamento non conseguimos conexión a internet . Compramos un dispositivo... pero non conseguimos conectarnos ¡E URXENTE SOLUCIONALO! Temos que poder traballar tamén desde casa.
27.01.2015
Cediño, ás 8h, comezamos as clases no Liceo. É o noso primeiro día de clase no IES Piccolomini. Impresionante o continente. Interesantes as clases de historia da arte ( dúas horas seguidas de renacemento e postimpresionismo) e historia.
Sorpréndenos o escaso número de alumnos nas aulas ( entre dez e catorce nas clases de hoxe). Un alumno fixo unha interesantísima exposición dunha hora sobre a Europa Napoleónica. Tomamos nota.
Respecto ás linguas o resumo nolo fai Carme: Capisco tutto, non parlo niente, pero todo se andará. Claro que desde dúas lenguas romances é máis doado, e o Galego está moi próximo.
26.01.2015
Primeiro día de traballo. Toma de contacto co mellor do patrimonio artístico da cidade. Visita intensiva á Catedral e ao Baptisterio.
25.01.2015
Preparando maletas, ordenadores e gañas de traballar.
A medio día tomamos o avión con destino a Florencia. Unha vez alí o tren lévanos a Siena.
Toma de contacto co apartamento que nos servirá de “guarida” nestas tres semanas. En plena Contrada dell Istrice.