Xeografía e historia
Testemuña fotográfica da visita xeográfica a Ferrol (7.IV.2017)
Que a visita a Ferrol dos alumnos de 2º BAC Xeografía foi un éxito; que se cumpliron os obxectivos didácticos; que, asemade, foi unha estupenda xornada de convivencia para rematar trimestre( o pasado 7 de abril).... dan conta as facianas sorrintes dos "meninos e meninas" participantes.
Xeografía urbana de Ferrol. Saída didáctica en 2º BAC
O venres 7 de abril o pequeno, pero escollido, grupo de alumnos e alumnas que cursan a materia de Xeografía este ano en 2º BAC, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizarán unha visita didáctica para coñecer a cidade de Ferrol. A visita inclúe un paseo xeográfico intenso por diversos barrios da cidade: Magdalena, Canido, Ferrol Vello. De seguro que servirá para descubrir unha cidade tan cercana como descoñecida para moitos.
Teñen previsto tomar o tren en Betanzos ás 11.05 e estar regreso á tardiña, arredor das 18.00 h.
Intercambio italiano. 2º día
No segundo día da convivencia co alumnado do Liceo Mazzatinti de Gubbio (Italia) os nosos alumnos e alumnas acompañarán aos seus correspondentes italianos a unha ruta polo Monumento Natural da Costa Dexo-Serantes.
Estarán tamén acompañados polos profesores italianos, Sabina e Angelo, e por dous dos nosos docentes Antonio e Chus Santamariña.
Tendo en conta o tempo reinante está tamén preparada, como alternativa, a visita ao CEIDA.
Poucas veces o desexo, "Bo día!" tivo tanto sentido.
14 marzo. Visita ao Museo de Arte Contemporánea en A Coruña
Como vén sendo habitual na programación do Departamento de Xeografía e Historia, o alumnado de 2º BAC que cursa a materia de Historia da Arte achégase ás tendencias máis actuais no mundo da arte a través dunha visita ao Museo de Arte Contemporánea que Unión Fenosa expón na Avenida de Arteixo de A Coruña.
Na visita participarán alumnos e alumnas que cursan a materia de Historia da Arte nos grupos C,D,E de 2º BAC acompañados polo seu profesor Xosé Luis Mosquera e por Julián Ferrer.
Iniciarse no cine...con GODARD!
No presente curso o grupo A de 4º da ESO está a pafrticioar nun programa formativo paralelo aos plans Proxecta "cinema en curso". Trátase dun plan de achegamento ao cine e á súa linguaxe. A formación implica o traballo sobre tres películas especialmente significativas ao longo do do curso e o seu visionado nunha sala de cine.
O inicio non puido ser máis esixente....nada menos que do director francés J.L. Godard, a película " Pierrot le Fou". O martes 17 os alumnos e alumnas de 4º A acompañados polo seu profesor X.L. Mosquera desprazaronse ata a sala do CGAI (Centro galego de Artes da Imaxe) en A Coruña para o visionado da dita película.
Toda unha experiencia...cine sen "palomitas", cine para pensar en el cine, para aprender a súa linguaxe, cine para disfrutar doutro xeito.
Visita ao Arquivo do Reino de Galicia. 20.XII.2016
O alumnado de 2º da Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitará o martes 20 de decembro pola tarde as instalacións do Arquivo do Reino de Galicia situado no Xardín de San Carlos da cidade de A Coruña.
Estarán acompañados pola súa profesora de Historia, Lucía Sáez, colaboradora tamén dista institución nalgunha das súas publicacións.
Na visita coñecerán os fondos documentais que atesoura esta importante institución e tamén todos os procesos técnicos precisos para a conservación e restauración do patrimonio documental.
E posto que a "nomina" de ex alumnos e ex alumnas do Aguiar é ben diversificada. Tamén podemos presumir nela de xente que se adica a este mundo da arquivistica e a documentación. Por iso non queremos pasar sen lembrar a Berta Otero, actualmente polos "madriles" completando formación; e a Ángel Arcay desentrañando e organizando arquivos por Galicia adiante ( e cun precisoso e apetitoso blog de receitas nacido do Arquivo do Museo de Pontevedra: La Cocina del Palacete)
A visita Interxeneracional a través da prensa
POR PABLO PORTABALES .
La Voz de Galicia 11.XII.2016
Otra actividad en la que mayores y chavales también fueron de la mano. En las últimas horas alumnos de 3º de la ESO del IES Francisco Aguiar de Betanzos y socios del centro de mayores de la localidad acudieron a la exposición Galicia 100, que recoge diferentes objetos relacionados con la historia y cultura de Galicia. Nada mejor que unos veteranos para guiar a los chavales. Y al revés también en algunas ocasiones.
Actividade interxeneracional. Visitamos a exposición "Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura"
"Galicia100. Obxectos para contar unha cultura" é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.
Continuando coa colaboración do IES Francisco Aguiar co Centro de Maiores de Afundación en Betanzos, o alumnado dun grupo de 3º da ESO poderá visitar esta interesante exposición acompañados dos maiores participantes na experiencia, e beneficiarse dos seus coñecementos e, sobre todo, da súa experiencia.
A actividade abranguerá dende as 11.10 ata as 14.15.
Fálame da Emigración. Proxecto interxeracional co Centro de maiores da Fundación Abanca.
Video resumo do programa para distribución en toda Galicia. Como podedes ver, grabado no Aguiar e con protagonistas "aguiarenses"
O curso 2015-2016, de xeito totalmente casual, comezaba no IES Francisco Aguiar unha experiencia que acabou resultando do máis instrutiva e gratificante para os participantes e para moita xente no noso instituto.
Tratábase dun proxecto de cooperación interxeneracional no que un grupo de Maiores de Betanzos falaban aos alumnos de 2º da ESO sobre as súas experiencias da emigración. Co apoio da Fundación Abanca e o traballo incansable da súa coordinadora Ana Doval, o apoio do Departamento de Xeografía e Historia, e o entusiasmo e cariño desbordado por maiores e nenos puidemos coñecer dun xeito máis fondo e cordial unha experiencia que é a de tantos galegos e galegas.
Neste curso 2016-2017 repetimos a colaboración. Comezamos os días 4 e 8 deste mes de novembro coas postas en común dos maiores nas aulas de 2º da ESO, precedidas polo visionado dun pequeno documental. "Fálame da Enmigración" continuará en xaneiro: unha exposición e as aportacións dos alumnos como resultado das súas indagacións familiares, completarán este interesante traballo.
Video de participación do IES Francisco Aguiar no Dia da Solidariedade Interxeneracional
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »