Xeografía e historia
Fálame da Escola. Proxecto interxeracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º A e 4º B da ESO
Continuación dos proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e B para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
Horarios da actividade:
Grupo | Horario |
4º A ESO | de 8:45 a 10:25 |
4º B ESO | de 11:30 a 13:25 |
Despedida do curso. Vídeo 'Francisco Aguiar por Julián' video entrevista do alumnado de TIC I
Compartimos con todos vós un pequeno vídeo elaborado polo alumnado de TIC I de 1º BAC. Os alumnos fixeron unha pequena entrevista (hai quen dí encerrona) a Julián Ferrer, profesor do departamento de Xeografía e Historia. Grazas Julián por colaborar sempre.
Video orixinal do alumnado de TIC I 2018/2019 do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Montaxe de Daniel V. e Noel F.
Iluminación Diego e Javier.
Escenas de exteriores Oscar, Héctor, Noel e Alberto.
Claquetas Laura e Fabián.
Rexedores Candela e Alejandro
Profesora Carmen Núñez
O AGUIAR E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. "Falamos da Escola"
Ninguén podía imaxinar a principio do pasado curso, 2017-2018, a onde chegaría a iniciativa que partía do noso compañeiro de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño. Animado polos encontros interxeracionais para falar da emigración Ramón propuxo introducir nesa "conversa" un novo tema: a escola dos nosos maiores. Ofertaba, tamén, a súa propia explendida colección de materiais escolares doutras época para ilustrar o traballo.
Puxémonos en contacto con Afundación para presentar a proposta a Ana Doval e X. Lois Liñares, e a cousa pùxose a andar. O curso pasado experimentamos, como pilotos, os materiais no noso instituto. O traballo de Delfina Roibal, Julián Ferrer e Ramón Ferreño deu bos resultados aplicado ao alumnado de 2º ESO.
Este ano , volvemos a traballar coa proposta, pero dista volta con alumnado de 1º BAC. Había que perfeccionar porque queríase presentar en sociedade, convidar a outros centros a traballar con ela...
O video que presentamos recolle esta presentación no Instituto coruñés de Monte das Moas co padriñado doutra colega historiadora, Ana Brea, e a presencia no acto de Delfina Ruibal.
Un paso máis na presenza da escola pública no noso entorno social,
unha ocasión máis dun Aguiar atento a cantas oportunidades xurdan de dignificar e mellorar o ensino público.
Álbum de fotos: Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afundación en Betanzos
Enviado por Pitusa o Ven, 03/05/2019 - 12:24Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afundación en Betanzos
Luns 29 de abril 2019 Un pequeno grupo de alumnos/as de 3º da ESO acudirá, acompañado por Carmen Suárez do Departamento deLingua e Literatura Galega e Julián Ferrer, do departamento de Xeografía e Historia ao espazo +60 de Afundación en Betanzos para compartir lecturas cos nosos maiores. Celebramos así o 29 de abril día internacional da solidariedade interxeracional. Saída ao redor das 11:30 e volta ás 14:00.
|
Visita a Santiago de Compostela do alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato
O vindeiro martes 23 de abril, o alumnado de Historia da Arte acude á capital de Galicia para, acompañados dos profesores de Historia: Xosé Luis Mosquera e Julián Ferrer, visitar 'O Pórtico da Gloria' e o Museo do Pobo Galego entre outros.
A saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa na galería fotográfica
Enviado por Anónimo o Ven, 05/04/2019 - 11:30O martes dia 2 os alumnos de xeografia de Bacharelato xunto cos de terceiro de ESO visitaron a Illa de Arousa cos profesores David del RIo e Teresa Bellon. Subiron ao punto mais alto, visitaron o cabo punta do Cabalo para observar a erosion dos granitos e para rematar fixeron un percorrido polo parque natural do Carreiron onde observaron entre outras cousas unha fermosa lagoa. Todo iso acompanado por un tempo espectacular.
Teresa Bellón
Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita na galería fotográfica do centro o álbum da actividade.
Saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa para o alumnado de Xeografía 2º BAC e 3ºA da ESO
O vindeiro martes 2 de abril, dende as 8:45 ata as 18:00, o alumnado de Xeografía de 2ºde Bacharelato e o de 3º ESO A, realizará unha saída didáctica acompañados polos docentes Teresa Bellón e David del Río, dos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Castelá e Literatura.
Chegou aos nosos oídos...Andrés García Carneiro no Ciclo do Anuario Brigantino 2019
Chegou aos nosos oídos.... a participación dun ex alumno do Aguiar, o historiador Andrés García Carneiro no ciclo de Conferencias que anualmente organiza o Anuario Brigantino coa coordenación do Arquiveiro e Bibliotecario Alfredo Erias.
Coa presencia da alcaldesa María Barral (tamén formada no Aguiar) e un nutrido grupo de participantes, Andrés pronunciou unha interesantísima conferencia que levaba o título de "Pasado, presente e futuro do casco histórico de Betanzos". Andrés soubo guiarnos dun xeito moi atinado para facer repaso pola historia da cidade e das actuacións tendentes á conservación do noso patrimonio rematando cun chamado a un futuro máis consciente.
Ao remate da conferencia abríuse paso a un interesante e a nimnado coloquio no que tamñén poidemos escoitar a ex do Aguiar como Ángel Arcay (Casa dos Espellos) ou ao profesor Xosé Luis Mosquera. O coloquio amosou que o tema é un asunto moi controvertido e poliédrico.
Quedou claramente de manifesto que: efectivamente se nos perdemos (escudamos) en discusións sobre quen ten as competencias e os medios, xa temos perdida a partida porque como reclamou o poñente "as casas non esperan por nós". Só un traballo conxunto de administracións e sociedade civil pode facelo posible. Aínda que parece claro que na iniciativa e coordenación dise labor conxunto deben estar os políticos (cecais primeiro municipais) E iso mesmo aplícase ao tema dos particulares que intervilñeron con vehemencia no coloquio reclamando axudas. Eles só poderán asumir con conciencia o coidado do patrimonio se atopan axuda, sobre todo económica.
O profesor Xosé Luis Mosquera reflexionou respecto a que semella que "chegamos tarde" e a ao que chegamos tarde foi ao encpntro para traballar xuntos: administracións, particulares, asociacións...
Neste inxentetraballo que Andrés nos puxo diante non temos que empeñarnos en descubrir algo absolutamente novidoso hai exemplos en toda Europa e haberá que aprender deles ( non para copiar, sí para adaptar)
Un orgullo para o noso instituto ter a ex como Andrés.
NOTA. O vindeiro xoves 28, tamén as 20.00 h. participará neste ciclo de conferencias unha antiga e moi querida profesora do noso instituto Concha Delgado que falará sobre a "Tradición Literaria betanceira".
2ª sesión do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' 1ºBAC E e alumnado HMC de 1ºBAC C
Mércores 20 de Marzo 2019
Derradeira sesión neste curso do encontro con maiores do espazo +60 de Afundación. Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia. Alumnado e maiores compartirán as súas experiencias, historias e soños para a escola pasada, presente e futura. De 9:35 a 11:15.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »