Chegou aos nosos oídos...Andrés García Carneiro no Ciclo do Anuario Brigantino 2019

Chegou aos nosos oídos.... a participación dun ex alumno do Aguiar, o historiador Andrés García Carneiro no ciclo de Conferencias que anualmente organiza o Anuario Brigantino coa coordenación do Arquiveiro e Bibliotecario Alfredo Erias. 

Coa presencia da alcaldesa María Barral (tamén formada no Aguiar) e un nutrido grupo de participantes,  Andrés pronunciou unha interesantísima conferencia que levaba o título de  "Pasado, presente e futuro do casco histórico de Betanzos". Andrés soubo guiarnos dun xeito moi atinado para facer  repaso pola historia da cidade e das actuacións tendentes á conservación do noso patrimonio rematando cun chamado a un futuro máis consciente.

Ao remate da conferencia abríuse paso a un interesante e a nimnado coloquio no que tamñén poidemos escoitar a ex do Aguiar como Ángel Arcay (Casa dos Espellos) ou ao profesor Xosé Luis Mosquera.  O coloquio amosou que o tema é un asunto moi controvertido e poliédrico.

Quedou claramente de manifesto que: efectivamente se nos perdemos (escudamos) en discusións sobre quen ten as competencias e os medios, xa temos perdida a partida porque como reclamou o poñente "as casas non esperan por nós". Só un traballo conxunto de administracións e sociedade civil pode facelo posible. Aínda que parece claro que na iniciativa e coordenación dise labor conxunto deben estar os políticos (cecais primeiro municipais) E iso mesmo aplícase ao tema dos particulares que intervilñeron con vehemencia no coloquio reclamando axudas. Eles só poderán asumir con conciencia o coidado do patrimonio se atopan axuda,  sobre todo económica. 

O profesor  Xosé Luis Mosquera  reflexionou respecto a que semella que "chegamos tarde" e a ao que chegamos tarde foi ao encpntro para traballar xuntos: administracións, particulares, asociacións...

Neste inxentetraballo que Andrés nos puxo diante non temos que empeñarnos en descubrir algo absolutamente novidoso hai exemplos en toda Europa e haberá que aprender deles ( non para copiar, sí para adaptar)

Un orgullo para o noso instituto ter a ex como Andrés

 

NOTA. O vindeiro xoves 28, tamén as 20.00 h. participará neste ciclo de conferencias unha antiga e moi querida profesora do noso instituto Concha Delgado que falará sobre a "Tradición Literaria betanceira".