O AGUIAR E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. "Falamos da Escola"

Ninguén podía imaxinar a principio do pasado curso, 2017-2018, a onde chegaría a iniciativa que partía do noso compañeiro de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño.  Animado polos encontros interxeracionais para falar da emigración Ramón propuxo  introducir nesa "conversa" un novo tema: a escola dos nosos maiores. Ofertaba, tamén, a súa propia explendida colección de materiais escolares doutras época para ilustrar o traballo.

Puxémonos en contacto con Afundación para presentar a proposta a Ana Doval e X. Lois Liñares, e a cousa pùxose a andar. O curso pasado experimentamos, como pilotos, os materiais no noso instituto. O traballo de Delfina Roibal, Julián Ferrer e Ramón Ferreño deu bos resultados aplicado ao alumnado de 2º ESO.

Este ano , volvemos a traballar coa  proposta,  pero dista volta con alumnado de 1º BAC. Había que perfeccionar porque queríase presentar en sociedade, convidar a outros centros a traballar con ela...

O video que presentamos recolle esta presentación no Instituto coruñés de Monte das Moas  co padriñado doutra colega historiadora, Ana Brea, e a presencia no acto de Delfina Ruibal.

 

Un paso máis na presenza da escola pública no noso entorno social,

unha ocasión máis dun Aguiar atento a cantas oportunidades xurdan de dignificar e mellorar o ensino público.