Actividade interxeneracional. Visitamos a exposición "Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura"

 

"Galicia100. Obxectos para contar unha cultura" é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.

 

 

Continuando coa colaboración do IES Francisco Aguiar co Centro de Maiores de Afundación en Betanzos,  o alumnado dun grupo de 3º da ESO poderá visitar esta interesante exposición acompañados dos maiores participantes na experiencia, e beneficiarse dos seus coñecementos e, sobre todo, da súa experiencia. 

 

A actividade abranguerá dende as 11.10 ata as 14.15.