FALAMOS DE XEOGRAFÍA

O VENRES 12 DE XANEIRO  profesorado da facultade de Xeografía da Universidade de Santiago reuniráse co alumnado de Xeografía de 2º BAC do noso instituto para falar de xeografía e para presentar os estudos do Grao que esta disciplina desenvolve na Facultade compostelá. 

Lonxe queda unha disciplina entendida só como pura descrición do medio físico ou humano.

Pouco ten que ver a xeografía do século XXI con listas de ríos, montañas, cabos e golfos. 

A día de hoxe, a xeografía analiza as relacións entre o medio e o ser humano, entre o espazo e as sociedades que o habitan.

E faino cun sentido crítico, explicativo e, na medida do posible, transformador.

A charla terá lugar no Salón de Actos do IES Francisco Aguiar entre as 11.45 e as 12.35hs.