Venres de remate da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía
O xoves comemos pastas cociñadas en fornos solares e fresas con chocolate ; escoitamos música nos patios da man dos nosos compañeiros e dos convidados de Boqueixón; volvemos a experimentar coa temperatura, a presión e a humidade; alucinamos coa impresora en 3D e cos campos magnéticos xiratorios; xogamos a unha Oca do máis científico; calculámoslles proporcións áureas aos compañeiros de 3º da ESO; e polo que poidese pasar, 1º de bacharelato e o alumnado do ciclo xuntáronse para unha charla e práctica sobre soporte vital.
E mentres todo isto estaba a ocorrer no Aguiar, 8 rapaces e rapazas participaban en Coruña na Olimpiada Matemática para 2º da ESO
O venres rematará esta Semana da Ciencia e da Tecnoloxía do Aguiar.
Nela sacamos a ciencia aos andeis e corridores do Instituto;
foron os alumnos e alumnas explicaron os diversos procesos e mecanismos;
quitamos o medo a que, por unha semana, houbese algo máis de ruido do habitual ( todo sexa pola ciencia);
CELEBRAMOS, ENTRE TODOS, A CIENCIA E A TECNOLOXÍA.
LISTOS PARA PREPARAR A VIIª EDICIÓN?