Formación en cortadora láser

O equipo docente recibiu este mércores formación para coñecer o funcionamento da nova cortadora láser, que xa forma parte do equipamento do centro grazas ao programa de Polos Creativos. Os participantes descubriron as funcións da máquina e realizaron diversas prácticas, fabricando puzzles e selos e gravando obxectos de diferentes materiais.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Formación cortadora láser

Magosto

O pasado venres 15, celebramos un magosto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O alumnado desfrutou dunha xornada especial con xogos populares, seguidos da típica degustación de castañas.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Magosto

Elección dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado ao Consello Escolar

O próximo día 20 de novembro, en horario de 16:30 a 18:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegado.

b) Os modelos de papeletas de votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local de votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 nome das candidatas relacionadas, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

"A aventura de ilustrar", con Primitivo Marcos

Este xoves puidemos contar co debuxante Primitivo Marcos, que ofreceu unha charla para o alumnado de 1º e 4º de ESO. Nunha primeira parte, o autor falounos do proceso creativo na elaboración do seu cómic "O paso do Noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy". A segunda parte centrouse na figura de Castelao como creador plástico.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Charla de Primitivo Marcos

Preparativos 25N

O alumnado de FP Básica xa traballa nos preparativos para a conmemoración do 25N, elaborando os crespóns violetas que lucirán ese día os membros da comunidade educativa.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Preparativos 25N

Charla cívico-tributaria

O departamento de Economía do noso centro participa no programa Cívico-tributario da AEAT. O alumnado de 4º da ESO recibiu, este martes 29, unha charla sobre a importancia dos impostos para o Estado do Benestar, así como o funcionamento dalgúns dos tributos máis importantes. A charla foi impartida por dúas traballadoras da Axencia Tributaria de Lugo.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Charla cívico tributaria 4ºESO

Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2024/25

Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2024

Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o luns 16 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.

Libros de texto para o curso académico 2024/2025

Pode consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 na seguinte ligazón: Libros de texto do IES do Camiño 2024/2025 (nótese que hai materias ou cursos nos que se indica a necesidade de agardar a principio de curso e falar co profesorado para confirmar que se vai a usar o libro de texto indicado).

Matrícula para o curso 2024/2025

O prazo de mátrícula para o vindeiro curso é:

Día 25 de xuño:  1º ESO e 2º ESO 

Día 26 de xuño:  3º e 4º ESO 

Día 27 de xuño: 1º e  2º BAC  

Horario: de 9:00 a 14:00. Os sobres de matrícula entregaranse ao alumnado o venres 21 de xuño xunto co seu boletín de notas.

Para máis información premer aquí: Información de matrícula 2024/2025

Admisión FP para o curso 2024/2025

Información xeral: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

Asistente web para facer a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Antes de facer a solicitude debedes premer en FP. A alta de solicitude a ciclos formativos sen certificado dixital nin usuario.

 

Vídeo de axuda: https://youtu.be/TMRJTMi-xyY

Álbum: Curso académico 2023/24 -> FP 2024/2025
Distribuir contido