2024-2025

Formulario de PREINSCRICIÓN - SOCIOS ANPA CRA DE RIANXO "IRMANS INSUA"

CLICA NA IMAXE PARA DESCARGAR O FORMULARIO DE PREINSCRICION

Recollida vales Fondolibros: libros e material

As familias que solicitastes o Fondolibros para o vindeiro curso 2024-2025, podedes pasarvos pola sede a recoller os vales para libros e material no seguinte horario:

Xoves 4 de xullo de 10:00-13:00 h

Venres 5 de xullo de 10:00-13:00 h

 

Un saúdo

O Equipo Directivo

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2024-2025.

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B, ED330G E ED330H).

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024.

 

Solicitudes: deberemos presentar na sede do CRA en Asados debidamente cumprimentados o Anexo I e o Anexo II.

 

As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2024-2025. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.

Téfefonos centros receptores  A.D.R. CASTELAO: 881 86 68 61

                                            C.E.P BREA SEGADE: 881 86 70 46

 

Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados):

Luns: 12:30 a 14:00 h.

Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Xoves: de 10:00 a 13:00 h.

Recoméndase chamar previamente para confirmar cita ou ante calquera dúbida aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305.

                                                                                                                                        

Modalidade de presentación de solicitudes:

  • Por vía electrónica:

              Mediante a aplicación informática "fondolibros"

  • Por vía presencial, no centro:

              Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II ou descargando no ficheiro adxunto.

              Se algunha familia tivera dificultades para descargar os Anexos I e II, na sede do CRA dispoñeremos de copias impresas.

            

 

 

 

Distribuir contido