2012-2013

UNHA IMAXE HISTÓRICA

HOXE ANA, A MAMÁ DE SABELA, TROUXO Á ESCOLA UNHA FOTOGRAFÍA HISTÓRICA.
DESEGUIDA PUIDEMOS DISTINGUIR Ó FONDO DA IMAXE UNHA PONTE ROMANA...

PERO PARECEUNOS RARO QUE NON HOUBERA UN RÍO E DECIDIMOS MIRAR CON MÁIS ATENCIÓN...

AGORA PIUDEMOS DISTINGUIR UN EDIFICIO DE PORTAS E VENTANAS EN ARCO REMATADO NO SEU CENTRO CUNHA LOUSA TAMÉM CON FORMA DE ARCO. RESULTOUNOS FAMILIAR...

VAIA, PERO SI É A NOSA ESCOLA...!!!

PETRÓGLIFOS DE BEALO

NO LUGAR DE BEALO HAI UNHA CHEA DE PEDRAS CON GRAVADOS RUPESTRES.
SABELA SÁBEO BEN. A SÚA NAI TENLLE CONTADO MOITAS VECES QUE Ó REDOR DESAS LOUSAS XOGABA TÓDOLOS DÍAS CANDO ELA ERA UNHA MENIÑA QUE ÍA A ESCOLA
.

PETRÓGLIFOS DA IDADE DO BRONCE PETRÓGLIFOS DE ÉPOCAS POSTERIORES

ENTRE TODO ELES DESTACA A LAXE DA SERPE, UN GRAVADO EN PEDRA REALIZADO POLOS NOSOS ANTEPASADOS HAI 4.000 ANOS

DOLMEN DE AXEITOS

JULIA CONVÍDANOS A VISITAR O DOLMEN DE AXEITOS, UN DOS MONUMENTOS FUNERARIOS MEGALÍTICOS MÁIS COÑECIDOS DE GALICIA.

O DOLMEN DE AXEITOS FOI LEVANTADO HAI MÁIS DE 5.000 ANOS POLOS HOMES E MULLERES DO NEOLÍTICO
(e grazas a persoas como o papi de Julia, aínda se conserva de pé)

CONSERVA PARTE DO CORREDOR DE ACCESO Á CÁMARA FUNERARIA E OITO ORTOSTATOS QUE SOSTEÑEN A LOUSA COBERTORA NA SÚA POSICIÓN ORIXINAL.

CASTELO DE SAN FELIPE

REMATADA XA A IDADE MEDIA, CONTINUARON A SE EDIFICAR CASTELOS.
ESTE É O CASTELO DE SAN FELIPE,
MANDADO CONSTRUÍR POLO REI FELIPE II NO SÉCULO XVI PARA DEFENDEREN A ENTRADA DA RÍA DE FERROL.
JULIA E LUCAS VISITÁRONNO HAI POUCO E QUIXERON OFRECERNOS ESTAS SUXERENTES IMAXES...

A FORZA DA AUGA

AS FAMILIAS DE JULIA E LUCAS AMÓSANNOS A FORZA DA AUGA

FORZA QUE FOI APROVEITADA DE FORMA EFICIENTE DURANTE SÉCULOS EN CENTOS DE MUÍÑOS EN TODA GALICIA

EXPERTOS EN BAROÑA

DENDE QUE BRUNO NOS DESCUBRIU A BELEZA DO CASTRO DE BAROÑA, ESTAMOS A CONVERTERNOS NUNS AUTÉNTICOS EXPERTOS NESTE XACEMENTO CASTREXO.

SABELA, ALEX, JULIA E MATEO VISITARON TAMÉN O CASTRO E CONTINUARON A APORTARNOS INFORMACIÓN DO QUE ALÍ PODEMOS OBSERVAR


Let's talk about energy

We have several questions...
Where does energy come from? Were there energies in the past?

How is energy being used today?

What are the main energies being used today? Are they all clean?

What are the "green energies"?

PARABÉNS!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Álex e Gabi cumpriron 5 anos

e Laura xa ten 8!!!

A profe María tamén cumpriu en Abril!

Tendo en conta o bo tempo dos días anteriores,

fixemos o intento para que este fora o primeiro

picnic - aniversario do curso, pero o vento decidiu

non colaborar e tivemos que resgardarnos no centro socio- cultural.

Alí dentro hai moito eco polo que nesta ocasión suprimimos

a sesión de artisteos varios.

Non cantamos nin bailamos,

pero rematamos a festa organizando carreiras no exterior.

A emoción estivo presente tanto na pista como nas gradas.

Informamos ás familias que con isto damos por inaugurados

os entrenos para a carreira das letras galegas en Campo Maneiro!

Supoñemos que a indirecta é bastante directa

e non é preciso recordar que nese día,

ademáis das carreiras infantís,

haberá....

CARREIRA DE ADULTOS!!!

BALEADAS

O MARTES 30, A PARTIR DAS 12:30, O CRA DE RIANXO ASISTIRÁ, NO AUDITORIO MUNICIPAL, Á REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO "BALEADAS", UNHA PEZA ESCÉNICA CON DANZA, POESÍA E ANIMACIÓN AUDIOVISUAL CONSTRUÍDA EN DIRECTO POLA COMPAÑÍA "TRASPEDIANTE".

Finding out about FOOD!!!

Studying food in English, we have found out different things. First of all, food may come from ANIMALS or PLANTS. Look:

Then, we asked our mates what their favourite food was and learnt that we cannot eat always whatever we want. We should eat a little bit of everything according to the food pyramid since not all food is good for us.


Distribuir contido