Galicia...

GALICIA digo eu ún di

GALICIA decimos todos

hastr´os que calan din

e saben sabemos.  

   

CALICIA da door

GALICIA da tristura

GALICIA do silencio

GALICIA da fame

GALICIA vendada

GALICIA tapeada

GALICIA atrelada  

   

libre pra servir

libre pra non ser

 libre pra morrer

libre pra fuxir  

   

GALICIA labrega

GALICIA mariñeira

GALICIA obreira

   

GALICIA irmandiña

GALICIA viva inda

( ... )

GALICIA

GALICIA

GALICIA

   

chora ´forza

triste á forza

calada á forza

emigrante á forza

cega á forza

xorda á forza

queda á forza

   

libre pra servir

libre pra non ser

libre pra morrer

libre pra fuxir

   

GALICIA nosa

GALICIA nosa

GALICIA nosa