Agora tócanos crear

 

Inspirados nas obras  de Paul Klee:

         

Primeiro  tivemos que trazar  liñas libremente no chan  e no cartón       

démoslles cor

e isto foi o resultado da xuntanza dos fragmentos feitos nas distintas escolas

   

 

                    

 "Bailamos por medo"

 

construímos "Castelo e Lúa"

rascamos ata atopar cores coma no " Peixe dourado"

pintamos globos, non só "O globo vermello"

E tamén inventamos un xogo,

cada participante ten que ter un rotulador e sobre unha superficie como pode ser un folio... cada un vai trazando unha liña e sempre a remata con un punto ben visible. O seguinte obrigatoriamente debe comezar neste punto. Veredes que obra de arte tan bonita vos aparece.