PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

O día 01 de marzo de 2024 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025, establecéndose os seguintes prazos:

 

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).

  • Antes do 25 de abril de 2024: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).

  • Antes do 15 de maio de 2024: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2024: formalización de matrícula.

 

 

O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:

  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (dispoñible na aplicación admisionalumnado).

  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e demais membros computables da familia (todas as páxinas escritas)

  • Fotocopia dos DNIs dos proxenitores ou titores legais.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.

  • Informes médicos ou psicopedagóxicos que a familia considere de interés, no seu caso.

* Sempre que haxa patria potestade compartida, as solicitudes deberán vir asinadas polos dous proxenitores cando se atopen en situación de divocio, separación legal ou parella de feito non inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia.

 

HORARIO DE ATENCIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2024, na SEDE do CRA de Rianxo (en Asados):

Luns de 12:30 a 14:00 h.

Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Xoves: de 09:00 a 14:00 h.

Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

 

Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na aplicación admisionalumnado a partires do 1 de marzo de 2024, premendo aquí

Tedes os impresos de solicitude de admisión para descargar e imprimir en galego e en castelán premendo abaixo en adxuntos, o impreso deberá ser presentado coa firma dos dous proxenitores:

 

Solicitude de admisión

 

 

  

AdxuntoTamaño
Solicitude admisión.pdf1.39 MB