NOVO ACTO DE GAMBERRISMO NA ESCOLA DE CUVIDE

Xa non esperaron á fin de semana para actuar. Hoxe venres nada máis chegar, despois de aparcar o coche, un veciño comentoume que onte estivera unha pandilla golpeando e rompendo o tellado do tren do patio. Chamoulles a atención pero non lle fixeron caso. O Concello debería de actuar e poñer as medidas necesarias para que día tras día non teñamos que vivir con estes altercados que en nada axudan á formación dos nenos e nenas. Sei que non é doado, pero o que é desexable e necesario, por forza ten que ser posible, e se non o é e porque non facemos o suficiente. Ao entrar na aula pregunteilles aos nenos que poderíamos facer nós para que estas persoas tan incívicas e tan irrespectuosas deixaran de facer tanto mal. - Podemos facer carteis, dixeron. - E que lles dicimos?

PEDRO : "Poñer unha cabaza na ventá para asustalos".

BORJA : "Facer un cartel de prohibido pasar".

ANXO : "Facer un cartel que diga que coidaran as plantas e o patio".

RAÚL : "Que non nos rompan as plantas"

CARLOTA : "Por favor, non nos destruades o noso colexio ".

MANUEL : "Que non nos rompan as plantas e que non nos caguen os cans no areeiro". ALBA : "Que coiden a Natureza".

JORGE : "Poñer unha cabaza con dentes e con lume para que asuste aos nenos malos" Estes foron os seus comentarios e quedamos en facer uns carteis despois da sesión de contacontos que tiñamos hoxe . Por certo, o conto que saíu votado para ser narrado foi "Nadarín" ese fantástico conto de Leo Lionni que é un canto á intelixencia,á necesidade do silencio para poder pensar con tino, á apreciación da beleza, ao traballo en equipo para fortalecer o valor , superar a adversidade e vivir con alegría, atrevéndose a a descubrir toda a fermosura que hai no mundo aínda que haxa que enfrontarse con perigos ENOOOORMES. Os carteis fixéronos na hora do recreo: sacamos unha mesa ao porche e alí por quendas fóronos facendo. Só deu tempo de rematar dous e colocalos no cristal da porta de entrada. Nas fotos podemos observar, en primeiro lugar, os destrozos do tren e en segundo lugar, como se axudan á hora de elaborar os carteis : decorar e colorar, como se poñen de acordo á hora de decidir como se escriben as palabras e como tratan de ler o que escribiron.

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
DESTROZO NO TELLADO DO TREN723.34 KB
A TABLIÑA DO TELLADA TIRADA NO CHAN795.47 KB
ANXO FACENDO O SEU CARTEL684.54 KB
RAÚL E ANXO POÑÉNDOSE DE ACUERDO EN COMO SE ESCRIBEN AS PALABRAS710.27 KB
CARLOTA E RAÚL COLABORAN NO COLOREO807.56 KB
CARLOTA TRATANDO DE LER O CARTEL DE ANXO689.6 KB
CARLOTA FAI O SEU CARTEL839.49 KB
O CARTEL DE ANXO NA PORTA DA ESCOLA778.56 KB
O CARTEL DE RAÚL NA PORTA DA ESCOLA670.31 KB
O ATÚN COME AOS PEIXES E NADARÍN VAI AS PROFUNDIDADES DO MAR174.74 KB
OS PEIXES IAN DETRÁS DE NADARÍN QUEN LLES ENSINABA A NADAR XUNTIÑOS PARA FORMAR UN GRAN PEIXE ENTRE TODOS213.78 KB