SESIÓN INAUGURAL DO CLUB DE CIENCIA "NAUTILUS" DO CRA DE RIANXO CURSO 2022-2023 "PEQUENOS CIENTÍFICOS"

Os mércores 26 de outubro e 2 de novembro , tiveron lugar as sesións inaugurais do noso club de ciencia deste curso 2022-2023. Tódolos mércores lectivos reunirémonos con María e David de Arenaria para compartir moitas actividades e experiencias que nos achegarán ao mundo da ciencia.

     

Este curso tivemos que organizar as quendas de alumnado quincenalmente gracias a gran acollida que tivo o club este ano, que por primeira vez acolle ao alumnado de 3 e 4 anos.

    

 

O CRA de Rianxo levaba varios anos reivindicando que se abrira o club de ciencia a todo o alumnado de Infantil, recollendo na memoria anual diversas experiencias e actividades científicas realizadas nas nosas escolas onde demostrábamos que a ciencia en infantil funciona, estamos moi content@s de haber contribuído a lograr este cambio no programa.

Nestas primeiras sesións repasamos os distintos utensilios científicos que imos empregar ao longo do curso, e como non podía ser doutro xeito fixemos os nosos primeiros experimentos!!!

Na segunda quenda tocoulle aos máis pequenos, os nenos e nenas de 3 e 4 anos. 

          

Foi realmente emocionante vivir con eles esta nova experiencia, para moitos deles era o seu primeiro contacto co mundo da ciencia. María e David espertaron a súa curiosidade e por primeira vez observaron e manipularon diversos utensilios científicos e lanzaron as súas primeiras hipóteses,e por suposto experimentaron!

Houbo momentos de moita concentración, outros de sorpresa e outros de grande algarabía, sobre todo cando comprendían que todo o que pasaba non era maxia senón ciencia!

Pasárono realmente ben! Ata a próxima!