OURIZO DE MAR
VELAÍ UN OURIZO DE MAR.
O SEU CORPO CHEO DE ESPIÑAS DÁLLE NOME AO GRUPO DE ANIMAIS AO QUE PERTENCE, PORQUE A PESAR DE TER BRANQUIAS NON É UN PEIXE.
É UN EQUINODERMO, COMO AS ESTRELAS E PEPINOS DE MAR, UN NOME QUE NA LÍNGUA DOS GREGOS QUE SE EMPREGA NA CIENCIA, VÉN A SIGNIFICAR: PEL ESPIÑENTA.
NA LÍNGUA DOS GREGOS ESCRIBIUSE TAMÉN HAI MÁIS DE 2000 ANOS UN LIBRO CHAMADO "HISTORIA ANIMALIUM", ISTO É : HISTORIA DOS ANIMAIS. O SEU AUTOR, ARISTÓTELES, EXPLICA CON DETALLE COMO É A BOCA CON 5 DENTES DOS OURIZOS. UNS DENTES DUROS QUE LLE PERMITEN RASPAR AS ALGAS PEGADAS ÁS ROCHAS E MESMO FURAR AS PEDRAS EN BUSCA DE AGOCHO.
A ARISTÓTELES A BOCA DOS OURIZOS, COS SEUS DENTES E MÚSCULOS, ÉRALLE SEMELLANTE A UNHA LANTERNA PARA ALUMEAR DAS QUE USABAN NAQUELES TEMPOS.
É POR ISO QUE ESTA PARTE DO CORPO DOS OURIZOS É CHAMADA A
LANTERNA DE ARISTÓTELES.
- APIs de Blogue