O SEGUNDO TRIMESTRE NA AULA DE PAZO INFANTIL CURSO 2020-2021

 

Estimadas familias,

Neste mes de marzo, demos por rematado o SEGUNDO TRIMESTRE.

Unha vez finalizadas as vacacións de nadal volvemos de novo á rutina diaria. E un dos primeiros cambios co que nos atopamos na aula, foi unha nova organización dos equipos de traballo, polo que nos tocou escoller outra vez novos nomes para cada equipo logo de dialogar e pensar cal nos gustaba máis, e a continuación decantarnos tamén por novas imaxes para  asignarlle a cada un dos equipos.

 

O resultado foi o seguinte: 

                                                                            

Unha vez estruturados os novos equipos, durante estes meses  seguimos avanzando na adquisición de novos aprendizaxes.

Así pois, en relación ao proceso da LECTOESCRITURA e ao coñecemento das LETRAS e a CONCIENCIA FONOLÓXICA, levamos a cabo actividades e xogos que nos axudan a interiorizar aspectos como a identificación das letras e o seu son, a lonxitude das diferentes palabras, compoñer outras palabras partindo das letras iniciais... En canto á súa representación gráfica, cabe sinalar tamén que os/as máis maiores comezamos de forma lúdica a recoñecer o trazo das letras minúsculas e a escribir palabras con dita grafía.

 

Nas seguintes fotos podedes ver algúns exemplos de ditas actividades.

 

              

 

              

 

             

 

             

 

                                    

 

 

                    

 

                    

 

                   

 

                                                       

 

 

 De igual xeito, tamén progresamos nos conceptos LÓXICO-MATEMÁTICOS, a través de xogos e de actividades manipulativas, traballando diariamente a serie numérica, o conteo, a correspondencia entre grafía e cantidade, as equivalencias, os amigos do 10, as familias dos números, a suma...

 

 

               

 

              

 

              

 

                                    

 

 

                   

 

                    

 

                                                             

 

                     

 

 

 

No que respecta ao noso TALLER DE GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA experimentamos cos TRAZOS horizontais e verticais. E ademais seguimos coa identificación e a representación das figuras xeométricas básicas (círculo, cadrado e rectángulo). Tamén fixemos mesturas de cores.

 

                     

 

                                                         

 

                                                          

 

                                                         

 

                    

 

                                                      

 

                                                      

    

 

No primeiro trimestre, iniciamos as nosas investigacións en relación ao noso Proxecto Documental Integrado (PDI), que este curso como xa sabedes, xira en torno aos contos e leva como título “Fíos de palabras (contos impresos e de tradición oral)”. Así pois, neste segundo trimestre, afondamos máis no coñecemento dos libros e os contos parándonos a observar cales son as súas partes: portada, contraportada, follas...; onde está o título; quen é o autor/a do conto; personaxes...

 Falamos tamén dos escritores e escritoras que son os encargados de inventar e escribir os libros e os contos, e descubrimos que antes a forma de escribir e editar ditos libros e contos era completamente diferente a como se fai na actualidade. Chamounos a atención que fai moitos anos os escritores/as escribían con plumas e con tinta. Logo pasaron a empregar máquinas de escribir. E con respecto a isto, tivemos a oportunidade, gracias a unha mestra doutra escola do CRA, de ter e de empregar durante unhas semanas unha MÁQUINA DE ESCRIBIR, coa que puidemos escribir de forma espontánea e nos gustou moito empregar.

 

 

                                  

 

                                  

 

Por outra parte, aproveitando a temática de dito proxecto tamén traballamos a LINGUAXE ORAL e a CREACIÓN DE HISTORIAS imaxinando que nos somos como eses escritores/as que inventan contos e para iso empregamos algún que outro recurso como por exemplo os STORI CUBS. Dito recurso consiste nun xogo que contén varios dados, dos cales escollemos un número determinado, (no noso caso comezamos collendo só dous dados) e lanzamos. A continuación inventamos unha pequena historia empregando as ilustracións que saíron nas caras dos dados. A partir desta actividade decatámonos de que temos unha gran capacidade de invención e de imaxinación e pasámolo moi ben dándolle renda solta!

 

 

                                   

 

 

 O presente curso, todas as escolas do CRA volvemos a ser partícipes  no PROXECTO VOZ NATURA, como en anos anteriores. Dito proxecto este ano céntrase en fomentar actividades de protección e recuperación do entorno natural do Camiño de Santiago. Así pois, a partir do conto “Bo camiño Valentiño”, cada aula abordamos as distintas etapas da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, centrándonos a investigar os seus espazos naturais e zonas de interese. No noso caso, tocounos afondar nos concellos de Ribeira e a Pobra do Caramiñal, centrándonos concretamente en tres dos espazos naturais máis importantes das zonas: o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, e o Faro de Corrubedo (en Ribeira); e as Pozas do río Pedras (na Pobra do Caramiñal). Logo de buscar información e imaxes en internet, descubrimos que moitos de nós xa coñecíamos eses sitios, pois estivemos de visita en algunha ocasión coas nosas familias.

 

                                      

 

                                                            

 

 

 Ao longo do trimestre tampouco nos esquecemos de festexar os ANIVERSARIOS dos nenos/as que cumpriron un ano máis. E para iso, continuamos levando a cabo o RITUAL da “celebración da vida”, ao estilo Montessori.

Esta celebración síguenos resultando moi especial e gústanos moito compartir cos nosos/as compañeiros/as momentos moi significativos da nosa vida, a partir das fotos que lles ensinamos e nas que analizamos con detalle todos os cambios que se produciron dende o momento do noso nacemento ata o día de hoxe.  

Neste día tan especial o momento máis desexado segue a ser o momento no que o neno/a que está de aniversario recibe unha pequeniña sorpresa que ten que coller na “nosa caixa misteriosa”. É un momento que nos intriga moito e ao mesmo tempo nos fai moita ilusión!

 

              

 

              

 

              

 

                                    

 

 Outro aspecto co que estamos moi orgullosos/as na aula e que seguiu tendo moi bos resultados durante este segundo trimestre, é co noso PANEL do “CLUB DA FROITA”. Dito panel foi colocado na aula a comezos de curso para tratar de concienciarnos da importancia que ten o consumo de froita no noso día a día, e aínda que non a todos/as nos gustan da mesma forma, todos/as estamos intentando acompañar as nosas merendas diarias cunha peza. Cada día levamos a cabo un rexistro, sempre e cando comemos a peza de froita que traemos, e tanta é a nosa motivación que xa houbo varios compañeiros/as que conseguiron completalo xa non só unha primeira vez, senón que xa van pola segunda vez, e con ganas de chegar a unha terceira.  Como recompensa a dito logro recibimos unhas medallas moi particulares e uns rotuladores que olen a froitas!