Participación no procedemento de distribución de máscaras. - XUNTA DE GALICIA

A Orde do 6 de novembro de 2020 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes púbĺicos no curso 2020/21.

Alumnado destinatario:

O alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa ORde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Prazo: 16-11-2020 ao 27-11-2020

Presentación de solicitudes:

  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. 
  • Presencialmente no centro docente (en Asados). É necesario solicitar cita previa no teléfono 629650523.
  • Presentar o formulario normalizado (anexo I) cuberto que estará no propio centro e na páxina web da xunta.

Documentación complementaria:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación o divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da LEi 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

Para máis información, ligazón ao DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf