PERÍODO DE ALARMA SANITARIA DEBIDO AO CORONAVIRUS. NÓS QUEDAMOS NA CASA.

 

Estimadas familias,

Como todos/as sabemos durante estas semanas estamos a vivir unha situación extraordinaria e completamente fora do común debido á propagación e ao contaxio do Coronavirus.

 Como consecuencia disto, unha das medidas que se nos pide que cumpramos (entre moitas outras), e a de  permanecer nas nosas casas.

Sen dúbida, sabemos que serán unhas semanas complexas para todos/as, en especial para os máis cativos/as, polo que para facer máis ameno o confinamento, e asegurar de igual forma a  continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, o profesorado trataremos de poñer ao voso alcance unha serie de propostas e de recursos para que poidades desenvolver e empregar nas vosas casas. Ditas propostas e recursos farémosvolas chegar facendo uso dos diversos medios tecnolóxicos que temos ao noso dispor, e compartirémolas entre outras na páxina web, na aula virtual, ou nos grupos de whatsapp.   

 

QUÉ É O CORONAVIRUS?

A través deste vídeo explicativo, os nenos/as coñecerán máis cousas acerca deste virus, das súas consecuencias e das medidas que temos que adoptar para evitar o seu contaxio.

 

                                             

 

 

Outro dos recursos fundamentais cos que contamos para transmitirlles aos nenos/as moitas ensinanzas son os CONTOS, e neste caso, o Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid, en colaboración coa Editorial Sentir, elaborou o conto Rosa contra el virus. Trátase dun conto para explicar o brote do Coronavirus Covid-19 e outros posibles virus  a nenos/as entre 4 e 10 anos. Dita publicación inclúe ademais un conxunto de recomendacións para que os proxenitores falen cos seus fillos/as desta crise sanitaria da forma correcta e adaptada a cada idade e momento.

 

                                       

 

 

Dende a Escola de Pazo, levamos a cabo unha recompilación dunha serie de propostas de carácter lúdico para que poidades poñer en práctica durante estas semanas nas vosas casas, e repasar e reforzar deste xeito diversos contidos traballados diariamente na aula. Ditas propostas están dirixidas concretamente para o alumnado de Educación Infantil, e trátanse en todo momento de exemplos, aos que vós podedes engadir multitude de outras iniciativas que se vos ocorran.

 

                                   

 

 

 En canto aos RECURSOS NA REDE, tamén vos deixamos unha serie de enlaces a distintas webs con actividades interactivas que vos poden servir durante este tempo que pasemos nas casas.

 

 

Por outra parte nas páxinas webs  https://happylearning.tv/  e https://smileandlearn.com/tamén encontraredes multitude de vídeos educativos así como xogos interactivos relacionados con diversas temáticas(ciencias naturais, historia, matemáticas, curiosidades, educación medioambiental, inglés, música…).

 

Moitos outros recursos ou actividades que vaiamos atopando, así como tamén os que os/as mestres/as especialistas recaden irémolos/as compartindo convosco a través dos distintos medios tecnolóxicos citados anteriormente.

 

Mentres tanto un saúdo e MOITO ÁNIMO a todos/as!