Club de ciencia, organización dos grupos
A organización dos grupos para asistir os mércores polas tardes ás actividades do Club de Ciencia queda así:
De 16:00 a 17:00 escolas de Cruceiro, Cuvide, Pazo, Quintáns, Raño e Outeiro
De 17:00 a 18:00 escolas de Abuin e Capela.
Este mércores 30 poderanse axustar os horarios para aquelas familias que teñan dificultades para asistir ás horas que se propoñen.
Lembrar que a actividade é gratuita e poden asistir os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria. e os nenos e nenas de 6º de E.Infantil.
Informar tamén que a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, resolveu admitir ao C.R.A. de Rianxo dentro dos centros docentes que neste curso participarán no programa de Innovación "Club de Ciencia"
Enlace á información da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
- APIs de Blogue