Día de Rosalía

24/02/2019

Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Asemade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.