SAMAÍN
CO ÚLTIMO DÍA DE OUTUBRO CHEGOU DE NOVO O TEMPO DOS CABAZOS E DOS DEFUNTOS.
E COMO NON HAI NADA COMO COMPARTIR TRABALLOS, ALEGRÍAS E MEDOS COA XENTE QUE QUEREMOS, FAMILIA E AMIGOS ACOMPAÑÁRONNOS TODO O DÍA : Á MAÑÁ, NA ESCOLA E Á NOITE, NA FESTA DE CAMPO DE PAZOS.
TEMPO PARA BRINCAR:
A (BIS)AVOA MARUJA APRENDEUNOS XOGOS TRADICIONAIS E A BAILAR E CANTARMOS COAS MATRACAS DE MILLO.
TEMPO PARA REPOÑER AS ENERXÍAS: DOCES DE CABAZO, NOCES, MAZÁ... E A SEMPRE PRESENTE FROITA.
|
TEMPO PARA O TRABALLO:
CO ESFORZO COMPARTIDO FORON APARECENDO CAVEIRAS ARREPIANTES NOS NOSOS CABAZOS... E NAS NOSA CARAS.
TEMPO PARA OS CONTOS:
DA NOSA MEMORIA XORDIRON ESAS HISTORIAS DE MEDO QUE TANTO PRESTAN NUN DÍA COMA ESTE
E O TEMPO PARA A FESTA, NA NOITIÑA,
CANDO AS CANDEAS DOS CABAZOS ALUMEAN O MUNDO DOS MORTOS E DOS VIVOS.
Escola Rosalía de Castro (Escola de Cruceiro)
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue