NADAL CON ARTE
O PASADO 18 DE DECEMBRO A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO REUNIUSE NO AUDITORIO DE RIANXO PARA CELEBRAR UN FESTIVAL DE "NADAL CON MOITA ARTE".
NA ENTRADA RECIBÍANNOS O APALPADOR E O ESPANTALLO AMIGO, XUNTO CUNHA CITA DA FAMOSA OBRA DE XOSÉ NEIRA VILAS, RECENTEMENTE FINADO.
E PRECISAMENTE PARA RECORDALO E HOMENAXEALO, OS NENOS DE 2º DE QUINTÁNS CONVERTIDOS EN "BALBINOS", LÍAN O INICIO DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
OS PROFES YOLI E ÁLEX FORON OS MESTRES DE CERIMONIA DO FESTIVAL, AÍNDA QUE ÁLEX SE TRABUCARA DE CELEBRACIÓN.
E AS NENAS DE PRIMARIA DE RAÑÓ (AIDA, LUCÍA E CLARA) SERÍAN AS ENCARGADAS DE PRESENTAR AS ACTUACIÓNS DAS DIFERENTES ESCOLAS. E QUE BEN O FIXERON!
O AUDITORIO, ENGALANADO COAS OBRAS ARTÍSTICAS DO ALUMNADO PARA A OCASIÓN, CONVERTÍASE NUN CINE, NUNHA SALA DE CONCERTOS, NUN TEATRO OU NUN SALÓN DE BAILE!
COMEZABAN OS COMPAÑEIROS/AS DE CUVIDE CUNHA PELÍCULA MUDA E BAILANDO O CHARLESTON DE CHAPLIN.
OS RAPACES DE CAPELA CONVERTÉRONSE EN ARTISTAS CANTANDO, BAILANDO E TOCANDO UNHA CHEA DE INSTRUMENTOS.
DENDE TARAGOÑA CHEGABA O BALLET DA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO DE CRUCEIRO INTERPRETANDO "O LAGO DOS CISNES"
EN PAZO CANTABAN "EU TEÑO ALGUÉN", BAILABAN AO SON DO "CREBANOCES" E DRAMATIZABAN O POEMA "TRES PAXES E TRES REIS SUMAN SEIS"
EN OUTEIRO ESCENIFICARON O POEMA "CAIN AS FOLLAS" DE UXÍO NOVONEYRA.
OS DE QUINTÁNS PUXÉRONLLE ROCK AND ROLL A ESTE FESTIVAL CUN MIX DOS BEACH-BOYS.
CON "CANTANDO BAIXO A CHUVIA" DOS COMPAÑEIROS/AS DE ABUÍN VOLVIAMOS AO CINE PERO POR POUCO TEMPO, PORQUE AXIÑA MUDARÍAN DE REXISTRO PARA INTERPRETARNOS UNHA PANXOLIÑA "NAVIDAD ROCK".
E PECHARÍAN A ROLDA DE ACTUACIÓNS OS NENOS E NENAS DE RAÑÓ CUNHA OBRA DE TEATRO "O DÍA QUE AS CORES FIXERON FOLGA" E COA CANCIÓN "A LUZ DE NADAL".
OS MESTRES E MESTRAS NON QUEDARON ATRÁS E INTERPRETARON UN CANTO DE NADAL, "O DINGUIDÍN".
E PARA REMATAR, A VISITA DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE. QUE EMOCIÓN CANDO LLES ENTREGAMOS AS NOSAS CARTAS!
SÓ NOS QUEDA AGRADECER A TODOS/AS, PROFES, FAMILIAS, NENOS/AS TODO O SEU TRABALLO E DESEXARVOS UNHAS FELICES FESTAS.
- APIs de Blogue