X. M. Brea Segade
Na fachada da nosa escola temos colocada unha placa en honor de Xosé María Brea Segade.
Brea Segade naceu no ano 1904 en Iñobre (Taragoña), pero logo foi vivir a outro lugar desta parroquia: ó lugar de A Coviña, onde o seu pai, coñecido como o " Tenente", montou o primeiro café que funcionou en todo o Concello de Rianxo.
Brea Segade é coñecido como escritor, fundamentalmente poeta, pero nós coñecémolo tamén porque uns anos antes de morrer, no 1934, foi mestre na escola do Pósito de Pescadores.
Nun principio esta escola estaba situada no local do actual estanco de Campo de Pazos, pero máis tarde trasladouse ó edificio da Escola "Rosalía de Castro" feita pola "Sociedad Hijos de Taragoña en Argentina " no ano 1929.
Sabedes que escola é esta ...?
Pois a nosa Escola do Cruceiro do C.R.A. de Rianxo!!
♣
Queremos despedirnos cun fragmento dun poema de Brea Segade:
" Eu sonche rapaz de abordo,
pero sei moito de mar.
Téñoche un cesto de amor,
¡ mira que inda son rapaz...!
Laura, Yaiza, Desi, Irene, Patricia, Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor e Sol
- APIs de Blogue