HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES

   

Onte ás 18:00, celebrouse como estaba previsto a charla sobre Hábitos Alimenticios na Infancia organizada conxuntamente polo Departamento de Prevención das Drogodepencias do Concello de Rianxo e polo Departemento de Orientación do C.R.A. de Rianxo. 

A dietista Gema,  con exemplos e referencias a situacións da vida cotidiana, expuso os principios básicos dunha alimentación saudable na Infancia e que podemos resumir en educar aos nenos e nenas a comer e ben e en procurar unha dieta alimenticia variada e equilibrada, base dunha alimentación saudable. A partir dos 18 - 24 meses o neno é capaz de incorporar á súa dieta todos os alimentos nas súas variadas formas de presentación propias da alimentación adulta. A partir desta idade é capaz de recoñecer os alimentos polo seu sabor, olor, color e forma e é neste momento cando comeza a elexir que elementos quere cas non.

A educación alimentaria dos nenos e nenas nesta etapa debe dirixirse pois a conseguir neles uns hábitos alimentarios que incluan un consumo equilibrado  e  variado de todos os alimentos base da alimentación saudable.

Como consellos concretos Gema propuso:

  1. Non ao uso do biberón e do chupete a partir dos 18-24 meses
  2. Horarios estables e fixos para as comidas
  3. Comer todos á mesma comida, evitando, comidas especiais, "para o neno"
  4. Evitar a tele á hora das comidas.
  5. Planficar para  a xornada diaria cinco inxestas: almorzo, tenteempé da mañán, comida, tenteempé da tarde e cea.
  6. O almorzo debe ser unha das comidas principais e deben incluir todos os grupos alimentarios: lacteos, cereais e froita.
  7. A comida debe incluir tres pratos:
    1. arroz, pastas, verduras, sopa  ..
    2. carne, peixe ou ovos
    3. froitas variadas ou lacteos.
  8. A cea deberá incluir tamén dous pratos, mais leviás cá na comida
  9. Nos tenteempés debe evitarse un exceso de inxesta de alimentos que afecten o apetito dos nenos/as á hora da comida ou da cea.
  10. Evitar o abuso de lácteos.
  11. En resumo será equilibrada aquela dieta, que se reparta en:
    1. un 50% de hidratos de carbono
    2. un 30% de graxas
    3. un 20% de proteinas

Gema insistiu na dieta variada, en todos os seus grupos alimenticios: lacteos, legumes, froitas, carnes e peixes e na necesidade dunha adecuada educación alimentaria dos nenos/as que supón sobre todo evitar as conductas alimentarias caprichosas, cauas na idade adulta de moitas enfermedades.

A charla resultou amáis de interesantes, moi agradable con participación e  intevencións dos pais e nais asistentes.

Tobías Betanzos Rego

Asados 18 de Marzo de 2.009