Debaixo d'os meus pasos

 

Debaixo d'os meus pasos

xurde o ronsel d'a Vila natal

Ela c'os brazos cheos de sono

teima salvar-me dún naufraxio antigo

E os meus ouvidos incautos

queren dormir n-o colo

d'as cantiga vellas

 

Última estrofa do poema de Manuel Antonio "Adeus", incluido en "De Catro a Catro" e escolmado  en "A poética de Manuel Antonio",  Xosé L. Axeitos 1993.