A TORRE DE LONDRES
COMEZAMOS A VISITA A LONDRES POR UN DOS SEUS MONUMENTOS MÁIS EMBLEMÁTICOS: A TORRE DE LONDRES.
A TORRE DE LONDRES ESTÁ SITUADA Á BEIRA DO RÍO TÁMESIS E TAMÉN É COÑECIDA COMO A TORRE DO TERROR.
FOI CONSTRUÍDA PARA RECLUIR NELA A TODO AQUEL QUE OFENDÍA AO REI; ALÍ PERMANECERON PRESOS PERSONAXES COMO ANA BOLENA OU TOMÁS MORO.
DENTRO DA TORRE ESTÁN CUSTODIADAS AS XOIAS DA COROA E TAMÉN PODEMOS VER A TORRE BRANCA, O PALACIO MEDIEVAL, A CAPELA REAL... E OS CORVOS!!!
CONTA A LENDA QUE O DÍA QUE OS CORVOS DESAPAREZAN A TORRE CAERÁ E CON ELA A MONARQUÍA, POR ESTE MOTIVO, OS GARDAS REAIS CORTAN UNHA DAS ÁS DOS CORVOS COA FIN DE QUE NON POIDAN VOAR MOI LONXE.
FIXEMOS UNHAS COROAS E DRAMATIZAMOS ESTA COÑECIDA LENDA.
E ASÍ O DEBUXAMOS...
ESTE ANO CONMEMOROUSE A MORTE DE MILES DE SOLDADOS NA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL ASOLAGANDO O FOSO DA TORRE BRANCA DE MAPOULAS VERMELLAS.
VIMOS A NOVA EN VARIOS XORNAIS DIXITAIS E ASÍ A PLASMAMOS NO NOSO LIBRO DE LONDRES.
Escola de Abuín
- APIs de Blogue