A Festa do Santísimo
Ola a todos e a todas os nenos e nenas de Reli do CRA estamos rematando o noso percorrido a través das festas relixiosas tradiconais. E chegado o mes de xuño non podíamos rematar o curso sen adicarlle un ratiño a coñecer a tradicional "Festa do Corpus Christi" popularmente coñecida como "O Día do Santísimo".
A través dunha presentación de imaxes en power-point descubrimos que sempre se celebra no mes de xuño despois do día de Pentecoste, e que é unha festa adicada ao sacramanto da Comunión, de ahí o nome tan raro que recibe (jajaja) "Corpus Christi" está en latín e significa "Corpo de Cristo". E tamén descubrimos que o elemento máis característico deste día é a tracicional "procesión das alfombras"
Coñecimos para que se fan, como se fan, cando se fan, que materiais se utilizan na súa elaboración....
Tamén aprendimos que admiten gran cantidade de motivos nos debuxos que se representan, tanto relixiosos como florais, elementos do entorno....
E tamén aprendimos que é neste día cando nas parroquias se celebran as Primeiras Comunións e que despois os nenos e nenas poden desfilar na procesión acompañando ao Santísimo:
Tamén aprendimos que esta festa tradicionalmente se celebraba en xoves, ata o ano 1989 que foi trasladada ao domingo. Aínda que en moitas localidades tanto dentro como fóra de Galiza séguese celebrando en xoves como festivo local. Esta festa é moi popular e está moi arraigada na nosa cultura, en case todos os pobos fanse as tradicionais alfombras, e aquí en Galiza temos o pobo de Ponteareas onde se dí que se fan as alfombras máis fermosas do mundo, foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional, e cada ano ven xente de todas as partes do mundo para contemplar as alfombras consideradas obras de arte efímero. En relación con todo isto tamén aprendimos un refrán popular que fai referencia a estas festas relixiosas celebradas en xoves:
Tres xoves hai no ano
que relucen máis que o Sol
Xoves Santo, Corpus Christ¡
e o Día da Ascensión
Para rematar coloreamos uns debuxos sobre a actividade. Os máis pequeniños fixemos este:
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixemos este:
E os nenos e nenas de Primaria coloreamos este:
E andando, andando... rematamos a actividade e con ela o curso, só nos restaba eleborar uns cartafois onde gardar os nosos traballos para levalos á casa e compartilos coas nosas familias. Este foi o resultado:
Os nenos e nenas de 2º de Primaria ademáis levaron uns sobres onde recolleron os seus traballos sobre o Ciclo Litúrxico:
Con estas actividades rematamos o curso 2013-2014, un curso marabilloso cheo de descubrimentos e emocións. Esperamos que gozásedes dos nosos traballos que nos encanta compartir con todos vós a través do noso portal. De parte de todos os nenos e nenas de Relixión do CRA (e tamén da profe Celia) moitísimos bicos a todos e a todas e felices vacacións! Vémonos en setembro!
- APIs de Blogue