Rematando o Ciclo Litúrxico

Ao longo deste curso que está a punto de rematar os nenos e nenas de Reli seguimos coa nosa investigación a cerca do Ciclo Litúrxico. Despois do Tempo de Nadal entramos nun período de Tempo Ordinario que aproveitamos para coñecer as vestimentas litúrxicas que utilizan os sacerdotes ao longo do ano, e aprendimos moitas cousas: como son, cando se utilizan, a súa orixe, o significado..... Recollimos o noso traballo nus libriños que vos mostramos a continuación

Despois chegou o Tempo de Coresma, Semana Santa e Pascua. Para celebrar o tempo de Pascua fixemos un cadriños sobre a Resurrección de Xesús:

Despois adicamos un ratiño a explicar o Día de Pentecoste, que é o día no que remata o Tempo Pascual e fixemos estas tarxetas

 

onde recollemos dous dos símbolos máis coñecidos asociados con esta data na cultura cristiá: unha pomba branca representando ao Espirito Santo e as linguas de lume como representación da súa forza.

Para rematar esta viaxe nos centramos no Día de Corpus Christi, e fixemos unhas tarxetas conmemorativas:

 

E así rematou o noso percorrido polo ano litúrxico, esperamos que vos guste moito o noso traballo. Moitos biquiños e ata a próxima!