Da Escola de O Pazo ao Castelo da Lúa

 Mapa de O Pazo

 A Escola de Pazo está no lugar de O Pazo, no medio da aldea.

Frenta da Escola hai unha pequena praza, onde se fan as festas en honra a San Antonio, no mes de Xuño. Recentemente os veciños puxeron un cruceiro de peto.

Ao lado da Escola pasa o Río de O Pazo que baixa dende o Barral e vai ao Río Té,  e neste lugar  xusto detras da escola está o lavadoiro de O Pazo, que aproveita as augas do río. O lavadoiro foi restaurado recentemente.

Moi cerca do lugar de O Pazo, está a praia e as ruinas do Castelo da Lúa ou Fortaleza de Paio Gómez Chariño, almirante e poeta.

Dende a Escola pódese chegar moi fácilmente ata as ruinas e ata a propia praia de O Pazo.

FOTOS DO LUGAR DE O PAZO

FOTOS DO CASTELO DA LÚA

PAIO GÓMEZ CHARIÑO