Saída: PEDRO Y EL LOBO
Hoxe día 20 de febreiro, fomos de excursión a Santiago a ver a un tal Pedro e a un lobo.
Como fomos moi madrugadores, chegamos os primeiros e tocounos en 1ª fila.
Ó principio algúns estabamos un poquiño asustados porque non sabíamos que tan fero ía ser ese lobo. Pero así que o coñecemos... de mediño nada de nada, pois tiñamos a Pedro para protexernos :))
Tamén coñecemos a un gato, un pato, un paxariño, un avó e a dous cazadores con moi mala puntería. Pero non vaiades a pensar que eran de verdade, eran monicreques manexados por un señor e unha moza moi simpática coa que logo falamos na cafetería onde merendamos.
PASÁMOLO PIPAAAA !!!
»
- APIs de Blogue