Sesión de Paracaídas
Bos e saudables días!!!
Espero que estiverades a realizar un pouquiño de actividade física este fin de semana, xa que, o tempo deunos unha tregua.
Agora dispóñome a explicar unha sesión que levamos a cabo no primeiro trimestre co Paracaídas, na que tratamos de potenciar aspectos como a cooperación, o traballo en equipo, respecto polas normas e a importancia do colectivo.
Primeiro, na fase de información, aprendemos as normas básicas do paracaídas que son:
- Agarralo polas asas.
-Non pisalo, nin arrastralo polo chan.
-Manter o paracaídas tenso para unha maior diversión.
Logo comezamos, na fase de animación, para familiarizarnos co obxecto, con xogos moi divertidos coma o “Tio-vivo” no que tod@s agarran o paracaídas e semellan ser un tio-vivo que se move para un lado e o outro pero sempre, de xeito circular e mantendo a tensión do mesmo. Logo, comezamos a “subir e baixar” o paracaídas e posteriormente xa eramos capaces de saudar aos compis cando o subían.
Despois, na fase principal, fixemos xogos coma “Terra, Mar e Aire” onde colocabamos o paracaídas onde o propuxera o mestre (Terra na cintura, Mar no chan e aire por enriba da cabeza) ; logo houbo momentos de “Tempestade e calma”, na tempestade tod@s @s nen@s axitaban o paracaídas sen parar, na calma, relaxabámonos un pouquiño, fixemos a “Ola” e xogabamos “ás cores”, un nen@ dicía unha cor e @s que tiveran unha prenda desa cor tíñanse que intercambiar a posición cando o paracaídas estaba a subir.
Xa para rematar, na volta á calma, coa axuda de tod@s @s alumn@s creamos un” Iglú” co paracaídas e comezamos a contar historias dentro del, incluso, nunha desas historias, @s nen@s tiñan que chamar polo buratiño do iglú ao lobo e ao final, este viña...que medo!!!
Déixovos agora coas mellores imaxes desta sesión en Quintáns:
- APIs de Blogue